Xoves, 28 de agosto do 2008
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

O Porto de Suso: Sonrisa profunda  Correo-e
lunes, 31 de marzo do 2008

ImageNormalmente non me enfado por nimiedades, e moito menos, por que a xente non me crea cando relato as historias que a miña mente ve. Xa sei tamén, que a pesar do que moitos crean como mentira, non hai forma, nin siquera mostrando as sombras na caverna, de facer cambiar esa opinión. Por eso o que hoxe vos relato, poidera moi ben pertenecer a ese xénero do que os incrédulos, fan dogma de fe, osea, non o creen. 

Todo comenzou fai ahora tres anos; daquela fun nombrado o “Millor Percebeiro do Universo”, avalado polo xa establecido, millor percebe do universo, como todo o universo sabe que é o do Roncudo, e, remachado, polo precio que os percebes por min apañados, levaron aquelas dulces Navidades, 350 Euros mais IVA o quilo.

Como vos podedes imaxinar, o meu ego subíose hasta o mismo sol, que digo, incluso eclipsou ó sol, por non decir tamén todos os acompañantes que a un ego hinchado fan compaña a vanidade, o orgullo e a petulancia como máis representativos, eso si, da man de estes ían a chulería, a falsa modestia, e como non, a humildade por fora. Eu, a pesar de ser o orgullo dos meus amigos, pensaba moi dentro de mín que era un usurpador, e que non me merecía tan importante título universal, polo que cando me daban os parabéns e as felicidades, dentro de mín, o verme dos remordementos, que ainda que a xente non os vexa, fan mais daño ca todolos males do mundo, roíame hasta casi quitarme a misma respiración, cousa por outra parte, que non me desagradaría que conseguise; pero pra torturarme máis aínda, deixoume seguir vivo, respirando, e ca mala conciencia aniñando dentro de min, con uns ovos que día a día se iban transformando, no animal, que se non facía nada ao respecto, acabaría deborandome por completo, hasta deixarme convertido, no que xa dentro de min, notaba metamorfearse.

Non quero pra nadie, nin siquera pra miña maior enemiga, a Morte, este sentimento que me invadío durante todo aquel tempo. Non lle deseo a ninguén, aquel monstruo roendoche as entrañas, ou o que é peor, a misma alma. Aquel ano, foi o primeiro e o último que se dou ese galardón, xa que desde aquela, ningún percebeiro que se precie, quere que o vistan como a min me vestiron.

Si ese da foto son eu, e, tan pronto me obligaron a sacar a foto, dinme a volta pra que ninguén me conocera, xa que quería que a xente me seguira respetando como sempre o fixera. Unha e mil veces, prefería ir vestido de “Fallera Mayor” ca de “Milor Percebeiro do Universo”, e xúrovos, que o diseñador do traxe, moi famoso por certo, salío o pouco tempo na prensa mundial, e non polo “magnífico” traxe que fixera, senón pola morte que levou, dentro do seu iate de luxo. O asesino auténtico ainda hoxe non aparecío, pero se vindes por Corme, posiblemente vos crucedes con el varias veces, e reconocerédelo, porque sempre sonrie, e, sonrie, porque alguén que un dia perdío a sonrisa, cando volve a recuperala, xa nunca, nunca, o abandona.

Columnas anteriores

 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com