Martes, 06 de xaneiro do 2009
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Quilmas apura a Comunidade de Bens para a cooperativa de produción de agricultura ecolóxica  Correo-e
lunes, 31 de marzo do 2008

ImageNon perden o tempo en Quilmas. Malia a relaxación normal que ronda polas plataformas contra o Plan Acuícola, logo da activa campaña electoral, a loita segue dende o silencio. Se en Merexo andan o avogados recadando información, e en Seiruga mesmo van ao Parlamento para ver a discusión en directo (pola televisión interna, iso si), en Quilmas xa traballan, e de que xeito, na creación da cooperativa de produción de agricultura ecolóxica.

O pasado venres 28 de marzo de 2008 xuntábanse os veciños no local da Plataforma pola Defensa do Patrimonio Cultural de Quimas, ao carón do bar do Augusto. Os veciños ían chegando para ceder os seus terreos á comunidade de bens que están a montar coa axuda da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), dependente da consellería de Medio Rural de Súarez Canal. En Quilmas teñen que xuntar e nomear todas as leiras de cada un dos 60 ou 70 veciños están a ceder para logo levarllo ao Agader onde argallan o xeito de montar a comunidade.

Proceso de cesión de leirasImage

O procedimento para xuntar os centos de fincas que os veciños ceden á comunidade de bens é ben complicado. O asunto é que os veciños saben das súas leiras polo nome, e a nivel administrativo todo está organizado por polígonos e números de parcelas. Os veciños chegan co seu DNI e o nome eo ferrados das súas leiras e entre todos se encargan de saber a que número corresponde. Axuda moito ese mapa a colores, onde vemos a concentración de amarelo (leiras que serán cedidas á comunidade de bens) na zona predeterminada para a ampliación da piscifactoría.

Uns saben onde están colocadas exactamente no mapa pero outros teñen que descubrirse gracias a uns arquivos que garda o voceiro da plataforma Xosé Manuel Casais. En total case chegan aos 200.000 metros cadrados, pretiño dos 250.000 que ocuparía a piscifactoría. Son varias as persoas que se lles expropiarían todos e cada un dos seus terreos, e mesmo algunha veciña que xa linda coa actual granxa asegura que téneno todo tirado por aí. Os terreos serían expropiados en principio por uns 6 euros o metro cadrado, que darían un valor aproximado dos 18.000 euros (3 millón de pesetas), contando con que a media de ferrados que ten a xente é duns 10 ferrados (arredor dos 3.000 m2, calculando uns 450 m2 por ferrado). Semellan moitos euros que ditas terras son moito mellor aproveitables con dita produción a longo prazo con todas as vantaxes que supón ter hortas diante da casa e non as piscinas de rodaballo.

Excursión ás Illas Lobeiras

Image 

A Plataforma non puido levar a cabo a excursión das Lobeiras durante a Semana Santa (o vento obrigou a cambiar a excursión ás Lobeiras por un roteiro polo Pindo), pero a cousa non pode quedar aí. Xa teñen data para a seguinte intentona. Será o sábado 10 de maio de 2008.

Reunión de Adega Costa da Morte

Rondan os 50 os socios de Asociación pola Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) pola Costa da Morte. Hainos ademais de en Quilmas, en Cee, Lira, Muxía, Arou ou Camelle. Pois todos estarán vindeiro sábado 19 de abril de 2008 no local da Plataforma pola Defensa do Patrimonio Cultural de Quilmas, onde se celebrará a xuntanza. A Asociación conta con 3.000 socios ao longo do país.

Novas relacionadas

Fonte

 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com