Xoves, 28 de agosto do 2008
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Medio Rural celebra o “bo estado” do Xallas contra a opinión dos colectivos ecoloxistas  Correo-e
martes, 01 de abril do 2008

Image

O nitrato é empregado no agro galego como fertilizante, pero o seu uso contribúe á contaminación das augas. O risco de contaminación aumenta proporcionalmente á actividade agrogandeira que exista en cada zona. Por iso, a Consellería do Medio Rural vén de realizar análises nas concas do Xallas e do Alto Miño para determinar a presenza de nitratos nelas, xa que son estas dúas comarcas as que teñen maior carga de vacún leiteira en Galicia.

No caso do Xallas, que nace en Coristanco e desemboca en Dumbría, o cauce transcorre por concellos cun importante sector agrícola e gandeiro.

A investigación, que está a ser realizada en afluentes destas cuncas polo Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo, indica que “o nivel medio de presenza de nitratos sitúase entre os 5 e os 9 mg/litro, moi por debaixo dos 25 mg/l que as normas europeas establecen como o nivel máximo recomendado”.

O comunicado de Medio Rural non convence, nembargantes, aos colectivos ecoloxistas con máis actividade da nosa comarca, ADEGA e PX, que consideran os datos como unha visión parcial da situación na que se atopa o río Xallas.

A réplica de ADEGA

O coordinador do Proxecto Ríos de ADEGA, Paco Bañobre, explica que “pode ser certo que existan baixos niveis de nitratos, posto que os nitratos se oxidan rápido e só se perciben niveis altos puntualmente”. Bañobre conta ademais que “non se pode esquecer que o Xallas conta con seis encoros en sete quilómetros seguidos no seu cauce”, ou a existencia de “especies invasoras como eucaliptos e outras especies maderables foráneas”.

Lembra tamén que a existencia dos encoros provocou unha morte masiva de peixes en novembro. Estas xigantescas construcións de formigón alteran o ecosistema de xeito inevitable, como explica o de ADEGA: “córtanse os corredores ecolóxicos naturais polos que se comunican as especies, causando dificultades especialmente nos peixes”.

En canto ao procedemento da investigación de Medio Rural, Bañobre indica que “un río non só é o propio cauce, senón tamén as chairas estancadas dos arredores ou a desembocadura, que no caso do Xallas non existe”.

Malia isto, Paco Bañobre valora o labor que se está a facer dende as diferentes consellerías da Xunta e Augas de Galicia, pois “as análises que se fan agora eran inexistentes ata hai pouco, e axuda a ter un maior coñecemento dos ecosistemas que temos”.

Desconfianza en PXImage

A organización ecoloxista de Ponte do Porto xa fixera un estudio dos efluentes de puríns e abonos nos ríos da comarca hai dous anos, e os resultados indicaban que “existían moitos puntos negros nos que se detectaron ata quince elementos tóxicos, ademais dos nitratos”, segundo explica Rafa Lema, membro de PX.

Apunta que as medicións da investigación de Medio Rural puido facerse nos que chama “filtros verdes”. Estes puntos son aqueles nos que os bosques e a vexetación do río actúan como depuradores naturais, facendo que as augas teñan mellor calidade nesas zonas. Segundo os datos de Lema, existen tamén escorrentías que dan a parar aos ríos e que levan produtos contaminantes empregados na agricultura, así como unha grande contaminación orixinaria dos núcleos urbanos. Todos estes factores provocan unha “redución moi grande de determinadas especies comúns na zona como rás, bolboretas ou tritóns”, di Lema.

Os ecoloxistas inciden, non obstante, en que “o peor inimigo dos nosos ríos son as obras públicas, máis que a contaminación urbana ou agraria”.Como solución, PX lembra que “hai previstas varias depuradoras no Xallas e en Ponte do Porto, pero aínda non existen, e iso cambiaría moito as cousas”.

O colectivo está agora a revisar os datos ofrecidos por Medio Rural e actualizando os seus, mais consideran que nada cambiou se trata dun “estudio parcial, moi reducido e que non reflicte a situación actual do Xallas”.

Biológos, preocupados

O Colexio Oficial de Biólogos de Galicia mostrou a súa preocupación polo estado dos ríos galegos, en concreto por algúns da bisbarra como o Anllóns, o Grande do Porto, o Castro e o Xallas: “hai tramos que están moi lonxe do concepto de bo estado ecolóxico que define a directiva Europea de Auga”. A imaxe de arriba foi tomada por Marcos Rodríguez no río Xallas ao seu paso por Brandomil. A da dereiat corresponde á análises de augas en Mabegondo.

Fonte

 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com