|
Os veciños de Malpica, logo de 2 días sen auga (arredor de 45 horas), volven á normalidade. Ao longo do día aínda houbo xente que non tiña auga polo dito problema de cloración das augas, e a fonte do ventorrillo, onde estaban as cisternas que chegaron dos concellos de Carballo e Ponteceso, recibían veciños e veciños cos caldeiros e botellas para ter auga na casa. En total houbo uns 4.000 afectados, das 6.500 persoas que viven no concello. A xente teno claro e prefire pasar uns días mal pero ter unha calildade de augas boa. Moita xente pasou estes días a comprar o auga aos supermercados, un delito que nunha zona coa cantidade e calidade de auga que saen dos manantiais do monte de Barizo ou Ínsua. Problema de cloración Nos controis rutinarios do pasado venres determinouse no río de Vaa unha concentración demasiado alta de trihalomentano, composto volátil cun alto grado de contaminación que resulta da reacción da materia orgánica do auga co cloro que se utiliza para depurar as augas. Precisamente o cloro é un indicador da calidade das augas, por exemplo, na contaminación por materia orgánica, de xeito que se os análises non dan cantidade algunha de cloro, isto quere dicir que todo o cloro foi consumido pola materia orgánica, indicando que hai demasiada. Xa se dispuxeron ao valeirado dos depósitos e das redes de todos os circuitos de augas do concello, dende a planta depuradora de Barizo ata cada sumidoiro, de xeito que os conductos están listos e as augas xa están lonxe dos prohibidos 150 microgramos por litro de auga de trihalometano. Novo blog E precisamente dende Seiruga nace un novo blog. O blog Debarizo pretende ser un punto de información e promoción da tradición, da cultura e da beleza paisaxística da parroquia, e mediante imaxes e testemuñas tentará promocionar un pouco máis esta preciosa zona. Deixarán así o Seiruga Limpa para a protesta e este para cousas máis tranquiliñas. Novas relacionadas Fonte
|