doMngo, 12 de outubro do 2008
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

María Amelia con Gayoso no Luar  Correo-e
martes, 01 de abril do 2008

ImageOnte falabamos un ratiño coa nos querida, Maria Amelia López, a nosa "abuela blogueira", para falar un rato. Contóunos as historias que lle ocorreron nos últimos días. Por exemplo, onte recibía a visita dun pequeno grupo do CEIP de Bembribe, no Val do Dubra. Eran rapaces que querían coñecela e que de maiores querían ser periodistas, o que lle recordou á Amelia a cantidade de xornalistas de todo o mundo que pasaron a entrevistala.

Na agradable e divertida conversa que mantiñamos, Amelia contábanos que para os contos son moi boa, pero para as fechas e os nomes, nunca me acordo. Contábame o féliz que se sente sempre que vén a Muxía, que mesmo ás veces se sinte a dona da Pedra de Abalar. E sinalábame con retranca todo a vida que lle está dando esto da internet, comezou todo como unha broma e mira o que saíu.

Dende aquí, dende Corcubión, animámola a voltar canto antes pola súa Costa da Morte que tanto quere, xa que agora vive co neto nas Rías Baixas. Ela pasa cada verán na casa duns parientes de Muxía, pero a perda dun querido familiar na vila muxiá, métea medo por se se pón triste cando chegue a vila. Agardamos, de tódolos xeitos, poder ila visitar por Muxía durante este verán e traela a pasar unha tarde a Corcubión.

Os vídeos do sobriño

Estes últimos días descubría tamén Maria Amelia un novo tesouro que hai na rede. Falamos dos vídeos que o noso amigo, e ademais sobriño de María Amelia (que pequeno é o mundo), Francisco Santiago López nos brinda a posibilidade de difundir en Que pasa na Costa. Chamoulle moito a atención o vídeo de Nemancos: a terra dos bosques sagrados, e así o seu neto axudoulle a metelo no blog. Non é o primeiro vídeo de Paco que anda de blog en blog. Por exemplo, o blog do polivalente Sechu Sende Madeingaliza xa recolle un vídeo do noso "cazador" favorito. Tranquila Maria Amelia, que o teu sobriño non leva escopeta.

Amelia con Gayoso

Tamén descubrimos hoxe, tarde pero a tempo gracias a isto da internet, que a Amelia visitou a pasada semana o Luar. Falou 10 encantadores minutos con Gayoso, onde Maria Amelia conta que no seu blog fala de todo un pouco, do que me contestan os blogueiros e da miña vida, aínda que non conto todo. Tamén coa axuda de Gayoso, deu súa receita para vivir moitos anos, que, por suposto, inclúe a internet para todo o mundo. Hai se eu collera a internet cando tiña 14 anos..., sempre se laia.

Podes ver os 10 minutos (dende o minuto 53 da grabación, para que sexa máis fácil atopar á Maria Amelia e non hai que ver o Luar enteiro) grabados no Luar, pinchando e buscando o programa do 28/03/08. Tamén, no seu blog amis95 podes ver unha cantidade de vídeos e de audios dela, pero que conste que non é o mesmo que falar con ela directamente. Un que ten a sorte de coñecela.

Novas relacionadas

Vídeos de Francisco Santiago López

Fonte

 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com