|

A verdade é que logo das últimas semanas de choiva, supuñamos que os encoros da bisbarra crecerían dabondo. Pois se ollamos o último boletín hidrolóxico do 31 de marzo de 2008, podemos ver que o encoro da Fervenza aínda está a o 28,05% da súa capacidade, mentres que o de Santa Uxía do Ézaro (que ás veces serve de vertedoiro municipal), que nunca varía para asegurar a produción de enerxía hidroeléctrica explotada pola Electra del Jallas, anda polo 95,14%. A baixada foi constante durante todo o mes, no que a minihidroeléctrica do Ézaro non parou de funcionar. Tan só durante a última semana a capacidade aumentou un pouco, en tanto que a comezo de mes, a día 3 de marzo estba no 35%. A día 1o xa estaba no 30%, emntres que o 17 de marzo de 2008, o nivel da Fervenza xa marcaba o 28% da súa capacidade. Nunha semana volveu caer ata o 25% que presentaba o 24 de marzo. Deste xeito, podemos ver que algo subíu nesta última semana pero a un ritmo moito máis paseniño que a comezos de ano. Imputados de augas Mentres os imputados de Augas de Galicia, da Xunta, pasarán polo xulgado de Corcubión estes vindeiro luns 7 de abril. Un xulgado polo que xa pasou o xefe de explotación de Ferroatlántica, Román Lozano, encarrexado da xestión hidráulica directa da presa da Fervenza. Así e todo, non será ata o final do verán cando teñamos a resolución do asunto, no que tanto Ferroatlántica como Augas de Galicia terán que asumir as súas responsabilidades, recoñecer os seus erros e pagar indemnizacións de verdade, que realmente obriguen ás empresas e adminsitracións públicas a ter máis coidado no futuro. Novas relacioandas Fonte
|