|

Xa comezan a caer os primeiros grupos inmobiliarios pola zona, que polo estado xa van unhas cantas. O Grupo Lábaro, un dos grandes que ten os dentes clavados xa na nosa Costa, como lle din dende Vieiros.com, vén de recoñecer que non pode enfrontarse ás perdas asumidas polas paralizacións de varias das súas obras, como a que o Grupo ten no medio e medio de Cee, por falta de liquidez. O Grupo, para afrontar a crise, acaba de solicitar un "concurso de acredores", nun xulgado mercantil madrileño, quer realiza as súas desfeitas por Cee (Residencial das Alboradas) e Fisterra (Monte Maela). Paralización das obras das Alboradas Aló por xullo do 2007, a urbanización de 100 vivendas que se está a construir en Cee foi paralizada por unha acertada orden do actual goberno de Vigo, ó entender que malia que a obra tiña licencia, otorgada polo anterior goberno, esta non se axusta a normativa urbanística actual. A obra que promove a empresa LABARO, invade parte dunha zona verde que está contemplada nas normas urbanísticas vixentes, ainda que si é verdade que no borrador do Plan Xeral xa figura como urbanizable. O xulgado diractará, pero levará tempo, que xa sabemos como van estas cousas, sen ir máis lonxe, no xulgado de Corcubión, onde non dan feito. Pero mentres se perden os papeis entre os mares de documentos, o pobo de Cee ten que soportar unha obra paralizada no exe central da vila, con todas as molestias que acarrexa. Quere realmente o pobo ceense ese complexo urbanístico no medio da vila? Novas relacionadas
|