|

A pasada semana visitábamos Arou para falar con Xosé Xoán Bermúdez, novo patrón maior da confraría de Camelle, presidente da Asociación de Veciños Arouca (Arou.net) e candidato nas cercanas eleccións da Mancomunidade de Montes de Arou. Xa ten case que 17 anos esta asociación, que dende hai máis de 6 meses levan protestando por unha construción que non a aldea non quere. Pancartas de Non á piscifactoría de Camelle recibían aos visitantes á entrada da vila, pero os temporais xa acabaron con elas. E mesmo a confraría xa se manifestou en contra da granxa acuícola, argumentando que pode afectar ao marisqueo é á pesca de baixura, as meirandes fontes de ingresos na vila camariñana.  Proxecto de Pesca Analizamos un pouco o proxecto para ver cales poden os meirandes problemas da construción desta nova granxa. Cabe lembrar que das 7 granxas que hai previstas na nosa bisbarra (Camelle, A Xandriña, Lira, Corcubión, Seiruga, Merexo e Quilmas), 6 contan cun estudio ambiental desfavorable, como é o caso desta da de Arou, denominado parque de Camelle. O prezo por metro cadrado en que está tasado as leiras de decenas de veciños afectados, para a expropiación e posterior cesión de terreos á empresa privada norueguesa Stolt Sea Farm, é de 6 euros, o mesmo que o resto das piscifactorías da Costa, agás a do cabo C, que está tasado en 2 euros/m2. A piscifactoría número 15 do devandito Plano Acuícola sitúase no concello de Camariñas, abrigado do sur polo macizo das formacións do Cabo Vilán. A granxa acuícola de nova creación ocupará uns 101.000 metros cadrados, que van dende a última casa da vila camariñana ata o miradoiro da cetárea. Máis concretamente a área de estudo de Camelle sitúase na marxe este da enseada de Xan Ferreiro, entre A Cercada e a praia Braña de Lazo. A zona estudiada está declarada IBA Costa da Morte (Important Bird Areas), ademais de estar preto dunha zona protexida, concretamente o LIC Costa da Morte (Espazo natural en réxime de protección xeral) e o ZEPA Costa da Morte (Zona Especial de Protección de Aves). Ademais a zona é moi rica en marisqueo. Non é difíci atopar pezas de nécora, centola, camarón, lagostino, santiaguiño e polbo e, segundo os pescadores do lugar abundan robaliza, sardiña e xurelo, entre outros. Usos do solo Están definidos a maioría a prmcaef, isto é, prados en maioría, cultivos anuais e especies forestais e tamén unha pequena porción a praduarzhm, lenda que corresponde a praias, dunas, areais e rochedos de costa. Clasificación e ordenación urbanística do solo - A)Clasificación urbanística actual:
"Solo rústico de protección de Costas"(NUPL) na franxa paralela ao mar; "Solo rústico común" no resto; - B) Clasificación adoptada polo presente Plan sectorial: Proposta de cualificar os terreos de todo o ámbito como de SOLO RÚSTICO DE PROTECCIÓN DE COSTAS aos terreos a menos de 200 da ribeira do mar e SOLO RÚSTICO DE PROTECCIÓN ORDINARIA para o resto. Deste xeito poderáse consturir ata 3,5m de altura no primeiro, respetando 5 m polas beiras, e no resto dúas plantas de ata 7 m.
- C) Ordenación proposta: É necesario ter en conta que este parque está dentro dunha zona declarada IBA COSTA DA MORTE (Important Bird Areas), ademais de estar preto dunha zona protexida, concretamente o LIC Costa da Morte (Espazo natural en réxime de protección xeral) e o ZEPA Costa da Morte (Zona Especial de Protección de Aves).
ESTUDO MEDIOAMBIENTAL A área de estudo de Xandriña se atópa preto do LIC Costa da Morte baixo réxime de protección xeral, isto é, incluído na "Rede Natura 2000" de Galicia. - A zona costeira da Xandriña presenta unha grande acumulación de cantos rodados e rocha granítica que se interna no mar, moi común en toda a Costa da Morte; os seus máximos expoñentes son os "coídos" da enseada de Cuño que constitúen un Punto de Interese Xeolóxico (P.I.X).
- Fauna: ata 27 especies moran pola zona sendo araos e garzas os máis habituais, aínda que tamén detectouse a presenza ocasional de faisáns e parrulos.
- Flora: especies vexetais e hábitats característicos deste espazo protexido LIC Costa da Morte.
- A zona de estudo enmárcase dentro do ZEPA COSTA DA MORTE
- Atpamos un curso fluvial do Rego de Arou, que desemboca no único areal da zona.
- Figuras de protección presentes na zona:
- A zona de estudo enmárcase cerca do espazo natural denominado LIC Costa da Morte, que goza de protección dende o ano 2001. - A zona de estudo está ao carón dunha zona declarada como ZEPA Costa da Morte (Zona Especial de Protección de Aves). - A zona de estudo enmárcase dentro do IBA Costa da Morte (Important Bird Areas). - O aproveitamento agrícola é escaso xa que se limita ao cultivo de nabizas, verduras e patacas en moi poucas hortas e de reducida extensión.
- O principal recurso da área é a riqueza da súa costa, onde se realizan labores de marisqueo. As principais capturas son os percebes dos abundantes rochedos do contorno que son unha das principais fontes de riqueza. Ademais a escasos 50 m do litoral péscase en busca de nécora, centola, camarón, lagostino, santiaguiño e polbo e, segundo os pescadores do lugar abundan robaliza, sardiña e xurelo, entre outros. Estes pescadores buscan entre as rochas do litoral de Camelle pequenos insectos chamados "piolla" que son usados de cebo para a pesca con cana.
Conclusión A propia Ceinsa, realizadora do estudio apunta o seguinte:Consideramos que a área é posuidora de certos valores e méritos de conservación protexidos pola lexislación actual, pero o informe ambiental limítase a expoñelos sen ir máis alá e sen concretar en que grao se verán afectados ao non coñecer a entidade do proxecto nin o xeito en que se pensan acometer as obras deste. Analizando estes estudios só cabe dubidar da súa validez. Se o mesmo estudio ambiental considera que non é o mellor lugar para construir unha industria, pero xa acepta que a súa conclusión non vale para nada, pois daquela, para que se fai? Estudios dos proxectos doutras piscifactorías Novas relacionadas Máis información Fonte
|