|

Falaba a semana pasada o biólogo, especialista en algas, Juan M. Salinas para La Voz de Galicia. Falaba especialmente de Merexo, noutra riqueza que sume e segue para contabilizar razóns polas que non é viable a ampliación da planta acuícola. As plantacións de algas na propia enseada de Merexo son un tesouro máis engadido aos que xa repasamos analizando o proxeto da planta.Na foto podemos ver a zona da enseada de Merexo onde están os cultivos de algas, con Muxía ao fondo e coa Fortaleza militar de 1801. Salinas fala da "laminaria saccarina", especie que non ten reserva industrial, moi difícil de atopar. Salinas asegura que nos viveiros de Merexo "hai máis plantas de laminaria saccarina que no resto de Galicia". No tocante á wakame, unha especie que se comercializa para a alimentación (as algas teñen máis proteínas en proporción que a carne). Precisamente a plantación de wakame, especie que necesita moita oleaxe, puido ser a causa de que se perdera boa parte da colleita, Salinas baralla a posibilidade de que os depredadores comeran a semente de wakame. Parques no noroeste peninsular As plantacións de acuicultura de algas concéntranse no noroeste peninsular. Galicia ten ademais a cabeceira, que que é o único lugar onde hai parques industriais. Como exemplo, podemos poñer unha empres de Cambre, A Coruña, Portomuíños que cultiva algas en augas galegas dende os 90, sempre baixo etiqueta de Agricultura Ecolóxica. Buceando un pouco, cabe recomendar abitácora Fucoterapia: Algas do Atlántico Norte, blog que ten o obxectivo de difundir novas e información relacionadas co mundo das algas. E un que soe comelas, recomendo probalas, logo de cocelas a parte para quitarlle un pouco o sabor a mar, cun arrociño ou nunha sopa. Así e todo pasade por Fucoterapia que dá información dabondo de como preparar un pratiño ben rico. Para mercalas, pola zona sabems dunha tenda en Cee, Vitualla, na Alameda, e supoñemos que nalgún que outro supe terán que telas, de igual xeito. Máis información Novas relacionadas Fonte
|