|
Pasaba o conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez, por Malpica. Pero ao pesar de moitos, non foi polo tema da piscifactoría da Seiruga. Vázquez acodía con José Luis Romero, director xeral de Augas de Galicia e cos voceitos municipais para botar unha ollada ante os problemas da pasada fin de semana co auga. A conclusión da visita, Malpica terá a súa EDAR, Estación Depuradora de Augas Residuais. Agora, e tras discusión no pleno, situarase na zona das redeiras, dentro do porto malpicán. Non estaba contemplada anteriormente a construción da planta depuradora, pero cos problemas coa salubridade do auga non se xoga. Cabe lembrar que Malpica aínda é o único núcleo de poboación da costa galega de máis de 2.000 habitantes que carece de EDAR. Seguimos como sempre a remolque. Ten que suceder unha desgracia para que se tomen medidas. Afortunadamente, desta volta, a desgracia foi collida a tempo e non pasou nada. Contaminación do río Vaa A contaminación por trihalometanos foi debida a un arrastre de materia orgánica. Descoñécese a causa do mesmo, así e todo. Hai outras vertientes que culpan á vella estadión depuradora situada en Barizo. Agardando por unha visita á granxa Os veciños de Seiruga viron marchar unha boa oportunidade para amosarlle in situ a desfeita que o plan acuícola ten prantexada na zona. Dende a plataforma Seiruga Limpa lamentan que estas visitas, xa que non son moi habituais, que engloben varios focos de interese arredor da zona visitada. Ademais, aínda falta o veredicto da consellería de Medio Ambiente para acometer definitivamente o Plan. Novo blog Debarizo E seguimos anunciando a creación de novos centros onde as xentes da costa están a comprtir as súas experiencias coa rede. Falabamos do novo Diario Faro Vilán nado estes días en Camariñas. Pois por Seiruga tamén están de estreno. O blog Debarizo pretende ser un punto de información e promoción da tradición, da cultura e da beleza paisaxística da parroquia, e mediante imaxes e testemuñas tentará promocionar un pouco máis esta preciosa zona. Deixarán así o Seiruga Limpa para a protesta e este para cousas máis tranquiliñas. Novas relacionadas Fonte
|