|
O Concello de Dumbría organiza unha excursión a Portugal |
Correo-e
|
|
viernes, 04 de abril do 2008 |
|
Vilas como Lisboa, Sintra, Cascais, Estoril ou a grandísima Virxe de Fátima, serán as visitadas polos maiores de dumbrieses. A saída será do xoves, 1 de maio, ó domingo, 4 de maio de 2008. A excursión está dirixida a persoas maiores de 45 anos que sexan, claro está, veciños/as do Concello de Dumbría. O prezo da viaxe é de tan só 175 euros por persoa, e inclúe viaxe, comida e aloxamento. Hai tan só 100 prazas, que serán dispostas por rigorosa orde de inscrición. O itinerario é o seguinte: - 1º día: Dumbría - Fátima;
- 2º día: Lisboa;
- 3º día: Estoril, Sintra, Cascais;
- 4º día: Estoril - Dumbría.
Inscrición Pódense realizar no Concello de Dumbría en horario de 8 a 14 horas. Tlf: 981744001. Entregar copia do DNI e da tarxeta sanitaria. O prazo de inscrición remata o 18 de abril de 2008. Fonte
|