doMngo, 12 de outubro do 2008
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Os martes de abril en Zas serán máis divertidos co Mes do LIbro  Correo-e
viernes, 04 de abril do 2008

Con motivo da celebración do Mes do Libro (2 de abril, Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil e 23 de abril, Día Mundial do Libro) o Concello de Zas organiza unha campaña de Contacontos e Animación á lectura que se vai levar a cabo na Biblioteca Municipal os vindeiros martes 8, 15, 22 e 29 do presente mes de abril a partir das 18:00 da tarde.

As funcións correrán a cargo da compañía do Trinke Trinke e os seus Ratos da Biblioteca, e o obxectivo é fomentar o hábito da lectura entre os nenos e nenas de 3 a 9 anos aos que está dirixida a actividade, ademáis de que coñezan a Biblioteca e as posibilidades que lles ofrece a mesma.

A Compañía do Trinke TrinkeImage

Animación á lectura mediante o teatro de animación

Hai múltiples e diferentes actividades de animación á lectura, que varian en función das edades dos nenos e dos criterios dos educadores ou conductores da animación. Sería inxenuo pensar que unha sesión das que nós facemos vai convertir a un neno en lector, pero a contribución a espertar ou reforzar o gusto polos contos é innegable.

As sesións teñen unha duración de media hora a corenta minutos, e nela participa un personaxe ou dous (os ratos da Bilioteca) e no caso das bibliotecas municipais da Coruña, tamén unha bibliotecaria. A sesión consiste nunha pequena obra de teatro con plantexamento, nudo e desenlace e nela contanse dous ou tres contos, as veces recitanse poesias, cantanse cancións, dinse adiviñas... Os ratos de biblioteca, a través da comicidade, tentan establecer unha relación afectiva co seu público. O teatro sérvenos para representar situacións da vida familiar ou da vida individual que son recoñecibles polos nenos. Deste xeito nas nosas sesións podemos plantexar conflictos, problemas comúns nas súas vidas e como os contos nos aportan datos ou recursos para a comprensión destes conflictos e para a súa solución.

Ratos de Biblioteca

Hai mais de 12 anos que moitas escolas e bibliotecas de Galicia, receben periódicamente a visita dunha familia de ratos: os Ratoncio de Lonxedetodo. O profesorado e o persoal bibliotecario permitenlles estas visitas ao comprobaren que non son bechos perigosos para a saúde humana (teñen bós hábitos de hixiene) nen para os libros, xa que ao contrario de outros ratos, estes non os rilan, lénos. Son verdadeiros ratos de biblioteca. A familia Ratóncio aparece así como un modelo de familia no que a lectura e os contos teñen unha grande importancia. O conto aparece para eles como un medio de diversión e tamén como unha fonte de coñecemento e de aprendizaxe a través das experiencias dos protagonistas das historias. Cami Ratóncio, coñecido tamén polo nome de Fuco, é un rato duns 10 anos, ainda que quizais aparente mais, porque o rato de biblioteca é unha especie cun desarrollo diferente aos outros ratos e tamén ao dos nenos.

Un rato de biblioteca de 10 anos, ainda que é un neno que vai a escola e tén as preocupacións propias e o desenvolvemento intelectual dun neno desa idade, mide 1,66 e pesa 70 kilos, o que pode impresionar ou incluso asustar a nenos menores de 4 anos. O susto é pasaxeiro. Estes cativos non tardan en comprobar que os ratos de biblioteca son inofensivos, antes ben, o que mais desexan no mundo, a parte de ler e incluso antes ca un queixo holandés é ser amigos dos nenos e contaxiarlles o seu gusto pola lectura. Lupiña, a súa irmá é adoptada. Os pais de Cami, trouxérona do horfelirrato. Os seus pais naturais, abandoarana misteriosamente diante da porta desa institución dentro dun baúl de contos. Non lles foi difícil aos rectores do horfelirrato escoller a familia adoptiva que mellor lle conviña a Lupiña.

Os avós da familia serven de excusa para tocar temas relacionados coa vida do campo, mais próxima á natureza e levan un xeito de vida mais propio de anos atrás. Tamén están relacionados, como moitos avós, cos contos tradicionais.

Esta familia de ratos fuxe dos roles asignados topicamente aos sexos masculino e feminino. Lupiña, por exemplo, é mais afeccionada ao bricolaxe que ás bonecas.

Cada certo tempo un ou dous membros da familia (Cami, Lupiña,a súa nai, a avóa, o avó ou a curmá Carolina) percorren o longo camiño que une Lonxedetodo coa biblioteca escolar ou pública onde os queiran acoller. É unha longa viaxe. Cando volvan a mirada atrás e dende o alto dos montes que arrodean a sua aldea a vexan como un cadro feito de retrincos verdes dos campos, laranxa dos tellados e brancos das chemineas que fumegan, emocionados cantarán a canción:

Lonxedetodo, Lonxedetodo

Lonxedetodo lonxe de todo está...

Lúa de queixo, chuvia de contos

...Lonxedetodo nos nosos corazóns

E se algún día, Lonxedetodo

E se algún día eu teño que marchar

Onde eu vaia

Sempre comigo virás.

Novas relacionadas

Fonte

 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com