|
O proxecto da ampliación da piscifactoría de Quilmas está a ser estudiado dende moitos puntos de vista. Unha mirada crítica que falta, e que non se tivo para nada en conta á hora de realizar o plan acuícola, é a palabra dos urbanistas. A ordenación do territorio semella un asunto ben relacionado coa laboura da figura do urbanista, mais este plan foi creado dun xeito un tanto estrano. Desto falabamos con Iago Carro, estudiante de arquitectura, que está realizar, coa asociación Ergosfera, un estudio sobre o proxecto da ampliación da piscifactoría de Quilmas. Todo nacía da man do profesor da Escola de Arquitectura da Universidade da Coruña e residente en Quilmas, Joan Creus, que propuxo a esta asociación de arquitectos, poñerse a traballar nun proxecto alternativo á ampliación da piscifactoría. Pero a medida que se van descubrindo cousas, vai cheirando máis e máis a podre, i é que partindo da total desinformación na que nos atopamos, cada paso vai cara o abismo. Kill+Peixes Para afrontar o estudio, os profesionais da arquitectura denominaron o seu proxecto dun xeito ben indicativo: Kill+peixes, facendo unha comparación fonética entre a vila carnotá e o "matando" peixes en inghés. Iago descreve o nacemento, aló por novembro do 2007, do proxecto mellor que ninguén: KILL+PEIXES é un proxecto de investigación cuxo obxectivo principal é un medio e un fín simultaneamente: a difusión pública da controversia da acuicultura mariña de forma que se logre restituir a continxencia da realidade. Cremos que un dos problema sé que no contexto de desinformación e fragmentación das mensaxes no que nos encontramos non é posible abordar o problema dun xeito global-racional. Por exemplo, aínda non se prantexou nin o problema da industrialización tardía en territorios “desenvolvidos” coma o noso, e que nos fai basearnos en ideas e parámetros procedentes doutras épocas para a construción do presente, nin o problema da falta de trasfondo e xestión política das leis sectoriais de aplicación supramunicipal, que produce unha perigosa situación de poder dos nodos urbanos máis potentes sobre as súas “periferias” territoriais, únicamente a través do medo e as promesas de desenvolvemento futuro; tampoco se prantexaron posibilidades alternativas de implantación de sistemas industriais en paraxes territoriais e sociais “delicados”, é dicir, nin se mostran ideas “sedutoras” ás empresas para facer que repensen o seu modus operandi, ni se soluciona o problema de dependencia económica de certos territorios trala crise das estruturas de traballo tradicionais. Vamos, que pretenden sacar á luz todas as problemáticas que surxen no tocante ao plan para que elas mesmas sexan as que falen, pero é que se non se coñecen, pouco poden dicir. Para compartir opinións, podedes pasar polo Foro Kill+Peixes, onde se pide a colaboración de todos: desde os empresarios, aos políticos, os arquitectos, os urbanistas, as institucións, as asociacións ecoloxistas, os colectivos veciñais e, sobre todo os cidadáns. Poden botar unha ollada tamén ao concepto e mais ao proxecto en si da man de Iago Carro. Destapando o tarro Comentando "quen é este" ou "que fixo aquel" dimos con algún detalle interesante. Preguntábame eu, mentres facía o repaso aos proxectos das piscifatorías (o de Lira está no forno, pero no atopo a ninguén que me leve por alí, i é que 60 postos de traballo si que son familias e poucos andan en contra da granxa) quen era o señor Ceinsa, a empresa de enxeñería contratada pola Xunta para realizar o estudio dos proxectos das 26 (novas ou ampliacións) granxas do Plan. Resulta que Ceinsa, foi a mesma empresa que contratara o goberno do PP e que fixera o estudio das plantas que tan pouco gustara ao actual goberno. Disque a experiencia de Angel Delgado Cid, un dos máximos responsables da Ceinsa, provocou que o bipartito fichase de novo aos mesmos que fixeran un traballo que eles anteriormente rechazaran. Preguntando pola persoa que proxectou a granxa de Quilmas, Iago nos conta, que foi un membro da empresa norueguesa Stolt Sea Farm, que non é que os proxecto os fagan arquitectos ou enxeñerios da Xunta, senón a propia empresa xa pón o plan encima da mesa para que a Xunta só teña que firmar. Resulta ademais que o proxecto está feito dende xuño de 2006, moito antes da presentación do novo Plan Acuícola do bipartito. Movemento social Falamos un pouco do movemento social creado en Galicia co Galiza non se vende sobre todo. Un ente que non nace dunha desfeita en particular como soen nacer esta clase de colectivos de protesta como en Merexo ou Corrubedo. O Galiza non se vende nace dun conxunto de desfeitas a nivel galgo que fan estoupar a unha poboación que comeza a deixarse oír en forma, por exemplo, de "mani-festa-accións" como a que reuníu en Santiago a máis de 10.00 persoas. Falando un pouco máis concretamente da Costa, resulta interesantísimo analizar como hai apenas 2 anos, unha vila enteira (Muxía) manifestábase en conta da Xunta por non deixar montar unha nova granxa acuícola no marabilloso lugar de cabo Touriñán. Disque os asuntos políticos ("Pescanova é do PP e o Stolt do PSOE" que se di moito por aí) influiron naquela decisión, pero que cambiou na mentalidade da xente? Analizando un pouco o devir das circunstacias, un dos temas que se poden sacar en conclusión logo de preguntar aos veciños afectados de aquí e acolá, é a resposta ante as palabras máxicas. Anteriormente, aos señores "POSTOS DE TRABALLO" non había ninguén que se enfrontara. Disque iso xa non cola. Logo de mil mentiras, xa sabemos que non son tantos os que traballan nas granxas (ou non o sabemos, mellor dito, que iso son datos difíciles de atopar legalmente e só os coñecemos porque manolito traballa alí e nolo conta). Con todo, agardamos que os arquitectos de Ergosfera saquen tempo das súas axetreadas axendas para seguir traballando no proxecto de Kill+Peixes, que nos pode amosar por aquí unha nova e intelixente visión, e do xa vamos aprendendo unha morea de cousas. Reunión de Pesca coas confrarías A todo isto,o pasado mércores 2 de abril de 2008, a conselleira de Pesca, Carmen Gallego reuníase cos representantes das confrarías galegas pero non houbo unha palabra sobre o Plan Acuícola. Estudios dos proxectos doutras piscifactorías Fonte
|