doMngo, 12 de outubro do 2008
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

A hora das depedidas  Correo-e
viernes, 04 de abril do 2008

Existe o costume de dicir que as despedidas son tristes. E é certo, a lo menos cando esas despedidas se producen entre amigos. Eu estou nestes días despedindo a alguén moi querido, moi cercana, que me dou horas de interesantes conversas, menos das que desexaría, e que deixa en min un importante pouso.

I e que as despedidas e o que teñen. Pero as veces penso noutras depedidas e difiro de min mesmo. O despedirse determinadas persoas mais que pena se sinte alivio, e nestes días hai moito aliviado na comarca. Eu son dos que pensa que determinada xente esta ben despedila, pero me fastidia e moito que se “vaian de rositas” coma diría o castizo.

Porque determinadas persoas, que ostenta responsabilidades moi altas durante anos, deberían ter un mínimo de vergoña e asumir.

Asumir os erros, e tamén as prepotencias, asumir as veces que deberon calar a boca por respecto, e cando calaron coma pitos por medo ou interese. Asumir que en moitas ocasións o discurso foi por un lado e as súas acciones por outros, e asumir, porque non, que a fina liña que separa a delincuencia do dereito a pisaron, e moito, o longo dunha longa traxectoria.

Esto o digo porque o natural aquí e que cando un se despide so se lembre o que fixo de bo e non o que de malo saíu das mans do que marcha. E aquí por definición se fan moitas mais cousas mal feitas que ben executadas. Me gustaría que os panegiricos habituais dunha despedida recolleran nestes días ecuanimemente o que o despedido fixo de bo e de malo, aproximadamente nunha proporción dun 40 a 60 na miña opinión.

Pero e o que teñen as despedidas. Que as bagoas non deixan atinar con claridade en discernir que estivo ben e que foi malo e a mala idea.

Hai moitas persoas na comarca que pensan que están en posesión da verdade absoluta. Esto, ademais de non ser certo, e unha mostra evidente de prepotencia e non quero caer nela. Eu non teño a verdade absoluta, nin sequera sei que é verdade e que non o é en demasiadas ocasións, nin quen esta en posesión dela.

Pero o que si sei é que significa a humildade e que non. Quen dedicou grande parte da súa vida a enganar con fermosas verbas a mozos e mozas ben novos, na base da súa inexperiencia. Quen cimentou sobre esta base o seu prestixio persoal e publico para anos despois insultar con impunidade a uns e outros. Quen obrou sen consideración algunha contra os seus inimigos e sen mostrar a mais mínima gota de piedade ou madurez na victoria, quen foi implacable cos vencidos.

Ese que se mostrou durante décadas coa pel da ovella ocultando un lobo sanguinario non pode agardar, a lo menos de min, a mais mínima das penas na hora da súa despedida.

So dicirlle un “hasta pronto comandante”, ou mellor. Ata nunca. En sentido figurado, claro.

  • José Luis Louzán.

Columnas anteriores

 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com