|
A revista de humor galego A Retranca, que xa anda por un número 5 que vén cargadiño de cambio climático. A revista está montando un concurso do revés, onde a partir dunha caricatura, hai que buscar ao modelo máis parecido posible. A última foto finalista da primeira edición de CUSPIDIÑOS! mandouna Fátima (que non sabemos onde vive, cousas do interné): "Mándovos a foto dun amigo do meu irmán, un guitarrista de puta madre. A foto non é moi boa porque foi feita co móbil. O pobre non sabía de que ía o conto cando lle mandei coller o periódico para facerlla, he he." O detalle do xornal non deixa dúbidas: ESTA RAPAZA SECUESTROU O GUITARRISTA E TENO RETIDO NUN BAR. Fátima, non está ben raptar amigos do teu irmán para montarte no dólar. Ademais, co rescate que che podemos dar non che ía dar nin para recargar o móbil. Iso si, o colega leva moi ben o secuestro, é o que che teñen os bares.. Moi pronto desvelarán o primeiro gañador de CUSPIDIÑOS! Estade atent@s ao noso web: www.revistaretranca.com. Novo blog “Temas de hoxe” Ola amigos! Os nosos colaboradores de "lujo" Leandro e Guitián acaban de poñer en marcha a versión dixital de TEMAS DE HOXE, a mundialmente aclamada serie de humor fino e elegante que se publica na revista galega Retranca. Convidamos aos nosos lectores e fans - que son lexión - a visitar Temas de Hoxe en liña e deleitarse cos nosos contidos exclusivos: Avances das nosas entregas, regalos, segredos da serie e un palé de caralladas e sorpresas casposas á par que chispeantes... E sen máis, amigo lector...arrincamos!! Novas relacionadas Fonte
|