|
Colleitando música galega (IV): Loretta Martin |
Correo-e
|
|
sábado, 05 de abril do 2008 |
|
Estes rapaces da Coruña comezaron tocando no 2002 compondo melodías de blues rock, comezaron tocando no 2002 compondo melodías de blues rock. Pouco a pouco as súas inquedanzas o levaron cara una funki que non ten cancelas. E menos no tocante á lingua. A primeira maqueta saíu ese ano, “Paraíso distante”, nome que utilizarían para o seu primeiro disco, no que o funk, o jazz e as músicas brasileñas modelas o son o seu son cara melodías propias dunha festa na praia ao solpor…. Aquí está o vídeo de "As cores do solpor", presentado nese segundo disco "Paraiso distante" (vemos a protada na imaxe de abaixo á dereita). Son Brais (voz e guitarra), Iago (batería) e Fran (baixo), tres que chegan de sobra para armar festa e obrigar a bailotear a toda clase de persoas, dende roqueiros de toda a vida, ata a xuventude das zapatillas. Haberá como se portan as salas da bisbarra, agora que se cadra en abril comeza unha nova etapa na Xunqueira, e podemos contar con esta divertida banda. Andan por ghalisa adiante presentando o disco na procura do paraíso. Xa puideron disfrutar deles por Carballo, pero xa nos queda un pouco lonxe, non si?
Aquí podemos ver o tema "Noutro lugar" no Playa Club da Coruña para o programa Extrarradio da TVG. Grupos anteriores Fonte
|