|
A bitácora da semana (III): Ouesaro, paranoias dun día normal |
Correo-e
|
|
sábado, 05 de abril do 2008 |
|

Esta semana achegámonos ao Ézaro, un dos máis bonitos lugares da Costa, sen lugar dúbidas, a pesar de que o supostos desenvolvemento esté empeñado no contrario. Alí vive o noso amigo Dani, dende ondecoida a súa interesantísima bitácora Ouesaro.com. Dani alterna motivos deportivos, é un gran seguidor da Fórmula 1 e das motos, con asuntos musicais tira polo lado salvaxe da vida, roqueiro de toda a vida. Pero non quedan aí as súas inquedanzas. A historia é outra das súas meirandes afecció e podemos ver como analiza a historia da Guerra Civil arredor do monte Pindo, cos Foucellas polo medio. O Pindo está moi presente na vida de todos os habitantes da zona, e como non podía ser doutro xeito, Dani coa axuda do amigo Jose Luis Galopar Carrera, e o blogs varios (que repasaremos por aquí), analizan os detalles singulares do Pindo, como a colaboración que realizaba Dani na nosa sección A Costa é túa lendas históricas do Monte Pindo. Graciñas Dani por ilustrarnos así. Novas relacionadas Fonte
|