Martes, 06 de xaneiro do 2009
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

O Porto de Suso: Primavera  Correo-e
sábado, 05 de abril do 2008

Image

Xa temos con nós a Primavera. Xa temos con nós as andoriñas, xa os xílgaros cantan no xardín e os merlos ao amencer ao solpor, deléitannos a todos cos seus refinados cantos. Xa as rulas, amorosas, se bican e bailan na porta da iglesia, xa os corvos carrexan polas e fíos para facer os seus niños, alí, por riba da Furna de Prados. Xa as paias, como sempre, fan o seu niño dentro da Furna do Osmo, no mesmo sitio polo que nas noites sen lúa, salen os Encantos.

Xa temos con nós a Primavera, e o monte e todo amarelo de chorima, e moi pronto mudará para o branco das margaridas. E as fragancias que o aire nos trae das flores e das mareas e da terra revolta das hortas, que nos saludan desde o día a noite. E os ceos azuis e as augas claras e frías, e os solpores vermellos, e as noites estreladas, e os amenceres vermellos. E as gaivotas, por miles a aniñar nos tellados das casas, e non deixar durmir cos seus berros, as xentes que nelas viven, e a cagar ca súa merda ácida, por riba de tódalas persoas e obxetos que na vila hai, e a comerlle as crías das rulas e dos xílgaros e a comida das galiñas, e o amarelo e branco dos montes floreados darán paso o color negro do chamusco dos incendios e o olor de fragancias florais e da herba seca, serán tomados ao asalto polo cheiro a queimado dos incendios forestais. E os ceos azuis transfórmanse en ceos de fume e charamuscas. E as augas claras e transparentes vólvense negras das cinzas que arrastran e asolagan o mar matando todo canto tocan. Xa está aquí a Primavera.

Columnas anteriores

 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com