doMngo, 12 de outubro do 2008
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

O director de Augas de Galicia di no Xulgado que actuou tan rápido como puido no caso da Fervenza  Correo-e
martes, 08 de abril do 2008

Os dous imputados da administración pública, Augas de Galicia, no asunto da desfeita ecolóxica do encoro da Fervenza tomaron onte declaración no Xulgado de Instrución número 2 de Corcubión. Aquel 10 de novembro de 2007, milleiros de peixes morrían afogados por falta de osíxeno ao quedar o encoro completamente a cero, sen manter o caudal mínimo esixido de seguridade. Dous altos cargos da empresa concesionaria do control dos encoros, Ferroatlántica e outros tantos de Augas, encarrexada de velar polo control dos mesmos, foron imputados. Un directivo de Ferroatlántica xa pasou polo xulgado e onte tocáballe aos da administración pública.

O director xeral de Augas de Galicia, José Luis Romero Valeiras, aseguraba que o organismo actuou coa máxima urxencia nada máis ter coñecimento do problema. Isto quere dicir directamente que dende este organismo non miran nin seuqera os boletíns hidrolóxicos que eles mesmos realizan. Botando unha ollada cara uns días atrás vemos que a 5 de novembro de 2007, unha semana antes da desfeita marcaba un nivel do 1,03%. Non era xa un nivel como para tomar medidas? O boletín do día 12 marcaba 0% pero xa era tarde claro.

Informe de Medio Ambiente paralizado

Medio Ambiente andaba a realizar un informe do sucedido, pero que se atopa en pausa, porque queda solapado pola vía xudicial. Vaia, que non van dicir nada non vaia ser que contradiga ao que di a xustiza. O que está claro é que dende a administración pretenden botar balóns fóra e que toda a responsabilidade caia na empresa do señor Villar Mir, que ten e dabondo, pero que non exime á Xunta das súas labouras de control e vixilancia.

Estado actual do encoro

O encoro, a 31 de marzo, último boletín hidrolóxico presentado por Augas, e aínda antes de todas estas choivas, estaba aínda nun preocupante 28%.

Novas relacionadas

Fonte

 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com