|
Unhas novas festas no concello de Camariñas acaban de presentarse. As Festas do San Xurxo de Buria se desenvolverán entre o 22 e o 25 de abril de 2008.
A troula comezará o martes 22, pero sen actuacións. O gran día é o mércores 23, no que as orquestras Olympus e Marbella encherán a praza de San Xurxo. O xoves estarán nada menos que a Panorama e Noite de Estrelas. As festas estiráronse un pouco para empalmar co venres, noite tamén amenizada polas orquestras Troco e Nueva Generación. O concello enteiro agradece a boa laboura do comité de organización así como as axudas das empresas e dos emigrantes de Buria. 
Eterno trámite do naufraxio de Man Volve á palestra o caso de Man co gallo dunha nova que publicaba onte, martes 8 de abril de 2008, La Voz de Galicia. Neste país temos o malo costume de anunciar moito pero logo non facer nada. Tócalle agora padecer esta enfermidade crónica ao legao de Man, o alemán de Camelle. Foi aló por outubro do pasado 2007, case que 5 anos despois da súa triste morte, cando as administración se congratulaban por recuperar o seu legado. Tarde, coma sempre. Entre mentres, centos de visitantes seguen achegándose dende todas artes da península, tan só para coñecer o legado do artista, iso non cambia e non necesita nin publicidade nin bo facer. Pero a cousa non queda aquí, xa pasaron case 5 meses dende aquel I Encontro Man de Camelle, plagado de promesas e de boas intencións, pero niso quedou. A marea de permisos segue deixando a casa de Man á deriva, mentres ás caixas coa súa obra seguen collendo polvo e humidade (30 xa están catalogadas!). Pero iso si, ese precioso edificio de cemento adicado ao artista que fai de Casa da Cultura xa está ben rematadiño. Que pensaría Man... Novas relacionadas Fonte
|