|
O concello de Mazaricos presenta as novas subvencións para manter á mocidade no rural |
Correo-e
|
|
miércoles, 09 de abril do 2008 |
|

Malia aínda estar en construción, o concello de Mazaricos conta cunha nova páxina web. Mazaricos.net xa alberga cunha morea de información, e mesmo cun sistema cartográfico novedoso, non tan eficaz como o de Corcubión, iso si. Ademais o concello ofrece un sistema de mensaxería SMS de móbil perante o que podes estra informado das novidades que ocorren no concello. Para isto, é preciso pasar polo concello para deixar os datos do correo electrónico e o número de teléfono, que se almacerán baixo chave, para que non haia ningún problema de privacidade. Axudas para agricultores e gandeiros Da man da Consellería de Medio Rural, os agricultores e gandeiros do concello poderán beneficarse dunha subvención de ata 44.000 euros ao poñerse ao frente ou, nalgún caso, compartir a titularidade dunha explotación. Todo feito co gallo de fixar poboación no rural. Dentro desta liña de apoio á modernización de explotacións tamén se recollen axudas para a compra de maquinaria agrícola ou equipamentos que permitan mellorar a calidade dos procesos productivos, o coidado do medio ambiente ou a diversificación da actividade. Neste sentido Medio Rural establece unha porcentaxe máxima de subvención do 45% ata un tope de 200.000 euros no caso de persoas físicas e de ata 800.000 euros si se trata de entidades xuridicas. O prazo para acollerse a este Plan remata o día 31 de maio. Novas relacionadas Fonte
|