Mércores, 19 de novembro do 2008
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Os certames literarios enchen de poesía a bisbarra  Correo-e
miércoles, 09 de abril do 2008

Co seu relato curto "As 7 tristes notas do meu valse", a ceense Rocío Leira proclamábase vencedora da X edición do Certame de Narración curta en galego Ánxel Fole, convocada polo Concello de Lugo. Nótase que hai canteira e sangue de escritura (miren á nosa Alicia Paz Lado coa súa Costa Máxica) e iso se reflicten nos concursos que se fan pola bisbarra. Contamos cando menos 4 certames de relatos durante estes meses, e van todos de marabilla, recopilando contos. Animamos tamén ás xentes a que particpen na nosa sección A Costa é túa, enviándonos contos, fotos, vídeos ou calquera cousa que se vos ocorra relacionada coa nosa Costa a Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver

Ademais, tentaremos ir publicando os relatos vencedores, unha vez se vaian decidindo os gañadores dos 4 certames, coa colaboración dos organizadores, o Café Colonial de Cee, a biblioteca municipal Don Francisco Mayán e o Concello de Cee, o concello de Fisterra e a Asociación Xuvenil Cherinkas de Vimianzo.

III Concurso Literario Colonial Café de Poesía e Relato Curto

O III Concurso Literario Colonial Café de Poesía e Relato Curto será o primeiro en decidirse. O prazo xa está pechado e foron unhas 45 persoas ás que mandaron a súa proposta, aí é nada. O fallo darase a coñecer o día 18 de abril do 2008 nun acto no Colonial Café en Cee.

Deste xeito, o vindeiro 18 de abril do presente ano 2008, ás 20:00 horas no local situado no centro comercial da vila ceense, se procederá á entrega de premios do III concurso literario, coa asistencia dos membros do xurado, Concha Blanco, Henrique Rabuñal, e Xosé Luís González. Haberá música en vivo e algunha outra sorpresa. Agardamos poder mostravos as delicias literarias dos gañadores, e dos non gañadores tamén.

Concursos da biblioteca municipal de Cee

A biblioteca municipal Don Francisco Mayán e o Concello de Cee organizan dos concursos: un de contos máis enfocado aos cativos, e outro de teatro, Achegamentp ao teatro, para a mocidado. Aínda non se coñece a participación no primeiro concurso porque son os colexios os encarrexados en dar a opción aos cativos de mostrar as súas habilidades co lapis, arrexuntar todos os contos e enviarllos á biblioteca. Os traballos, que non poden pasar dos dous folios, presentaranse antes do 24 de abril de 2008.

A IX edición do concurso literario Achegamento ao teatro, tamén en galego, trata de mostrar a posibilidade de facer teatro dende o máis básico. En ambos, os premios serán dados co gallo do Día das Letras Galegas, e será un día antes, o 16 de maio, cando se decidas os gañadores.

I Certame de Relato Corto e Poesía de Fisterra Letras Galegas 2008

O Concello de Fisterra convoca o I Certame de relato corto e poesía con motivo da celebración das Letras Galegas 2008. Polo de agora, a cousa vai ben, como nos aseguran dende o concello e a participación está sendo moi boa. A data límite para presentarse é o 9 de maio, e o veredito darase, como non, o 17 dese mes. O tema é libre e haberá premios de ata 200 euros.

"V Certame de Relatos Cursos" de Vimianzo

A Asociación Xuvenil Cherinkas de Vimianzo organiza en colaboración do Concello o V certame de relatos curtos. Haberá 2 categorías: maiores de 16 anos e menores de 17 anos. A data límite de entrega 14 de maio e se pode entregar na Biblioteca Pública de Vimianzo.

Bases do concurso:

  • Relatos en lingua Galega;
  • Extensión máxima: 6 folios;
  • Tema libre;
  • Escritura: mecanografados a dobre espazo, tamaña 12, en DIN A-4 letra Times New Roman.
  • Os traballos, que serán en lingua galega, asinados baixo seudónimo, presentaranse nun sobre, no que se fará constar no seu exterior "V Certame de Relatos Curtos A.X. Cherinkas" figurando o seudónimo de que presenta. Deberase tamén entregar unha copia en soporte electrónico (Microsoft Wor). Acompañará, no interior, outro sobre pechado que conteña os seus datos persoais.

Máis información no teléfono 627 836 680.

Novas relacionadas

Fonte

 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com