Xoves, 28 de agosto do 2008
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Certifícase a irmandade entre Cabana e Treize-Septiers  Correo-e
jueves, 10 de abril do 2008

Image

Unha importante delegación de cabaneses, comandada polo alcalde, José Muíño, e na que tamén ía o seu homólogo de Coristanco, Antonio Pensado, viaxou entre os pasados días 27 e 30 de marzo á localidade francesa de Treize-Septiers. Alí certificouse a irmandade de ambos municipios. Produciuse nunha cerimonia oficial celebrada na mañá do sábado 29, coa sinatura e a lectura en voz alta dun representante de cada delegación nos tres idiomas oficias: galego, castelán e francés.

A saída fíxose o xoves 27 ás 18:00 horas. Ceouse en Valencia de Don Juan (León) e proseguiuse a viaxe en autocar ata Francia. Entre o venres e o domingo houbo tempo para que os integrantes do grupo cabanés e os habitantes de Treize-Septiers estreitaran os lazos que xa os unían. Visitáronse varios museos, comeuse en Rocheserviére, celebráronse varias ceas e almorzos coas familias de acollida, entregouse un premio literario e participouse na feria.

Viaxe anterior dos franceses á CostaImage

Esta viaxe devolve á feita ao remate do pasado ano por unha delegación da propia localidade francesa de Treize-Séptiers, que pasou uns días de convivencia e intercambio cultural froito do irmanamento entre as dúas localidades. Foi un programa de actividades culturais, turísticas e medioambientais, sen deixar de lado aspectos coma a gastronomía, o folclore ou o intercambio de experiencias.

Fonte

 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com