|
O tenista cormelán Martín Varela, integrante da sección de deporte para discapacitados A.D. Cempés e patrocinado por Ergosaude Equipamiento Geriátrico Clínico, disputou esta pasada fin de semana (5 e 6 de abril de 2008) o II Open Ciudad de Marbella de tenis en cadeira de rodas, celebrado nas pistas do Palacio de Deportes de San Pedro de Alcántara. Martín Varela alcanzou as dúas finais do torneo, individual e dobres, vencendo en dobres formando parella co madrileño Rubén Pérez. Ambos, Rubén e Martín, foron tamén os protagonistas da gran final individual. O torneo contou coa presencia de 30 deportistas, un número moi elevado e pouco frecuente nos torneos do circuito nacional. Cabeza de serie contra ex-paraolímpicos O cormelán partía como cabeza de serie, condición que neste caso non lle favoreceu posto que tivo que enfrentarse nas dúas primeras rondas a dous ex – paraolímpicos que, como xa non compiten de xeito cotián, non teñen ránking. Deste xeito, Martín enfrentábase en primeira rolda ao ex – paraolímpico español Juan Manuel Ramos (paraolímpico en Sydney). Martín empezou con moito empuxe intentando levar a iniciativa no xogo pois sabía que se Juanma se sentía cómodo ía crearlle moitos problemas. O primeiro set foi para Martín por 7/5 e no segundo o cormelán apretou aínda máis e o levou por 6/1. 
As sorpresas para o cormelán non acababan aí, xa que en segunda rolda tivo que enfrontarse ante outro ex – paraolímpico, neste caso o inglés Simon Hatt (ex – paraolímpico por Inglaterra que alcanzou as finales de dobres nas paraolimpiadas de Sydney). O cormelán comezou dubitativo debido ao descoñecimento deste xogador polo que o primeiro set foi moi longo e igualado, cun tanteo final de 6/4. No segundo set Martín soubo como aproveitar as debilidades do inglés (falto de ritmo de competición) e o superou de novo por 6/2. En semifinais Martín enfrentouse ao aragonés Carlos Pina (nº 8 do ránking nacional) ao que superou con menos problemas que nas eliminatorias anteriores. O tanteo foi de 6/3 e 6/2. A gran final O domingo pola mañana e aixo un sol de xustiza, Martín enfrontábnase ante o madrileño Rubén Pérez (nº 7 e compañeiro de Martín nos dobres), que alcanzou a final con eliminatorias non tan duras como as do cormelán. É importante resaltar este punto pois Martín tivo un gran desgaste físico durante a fin de semana e pagouno na final. Rubén fixo un gran partido e Martín puxo ganas pero non puido facer fronte ao gran xogo do madrileño que gañou finalmente en dous sets por 6/4 e 6/4. A pesar da derrota, Martín mostrouse moi satisfeito polo torneo que fixo durante toda a fin de semana, pois disputou moi bos partidos ante xogadores moi técnicos e con moita experiencia internacional. En dobres Martín e Rubén alcanzaron a final, vencendo por 6/1 e 6/2 con relativa facilidade á parella formada por Juan José Rodríguez e Víctor García. Próxima cita A próxima cita do ano será en Valencia entre o 18 e o 20 de abril deste 2008. Noraboa Martín e a por outro. Bergantiñán do ano A pasada semana o propio Martín Varela, era recoñecido polos seus méritos deportivos durante o ano pasado e condecorado na súa vila natal como "Bergantiñán do ano 2007". Así o decidiron 28 asociacións de toda a Comarca de Bergantiños, que concederon cos seus votos a vitoria ao tenista fronte aos outros nominados Loli Bolay e Norte Sur Solidario. Fonte - Nota de prensa de Esteban Varela.
|