|
A asociación de Promotores da Costa da Morte (Asprocom) quere informar das novidades lexislativas do sector. Para elo están a organizar un par de xornadas con charlas e presenatcións. O vindeiro luns 14 de abril de 2008 remata o prazo de inscrición para a sesión sobre as novas Normas do Hábitat Galego (que entran en vigor o 17 de abril de 2008) que se celebrará o xoves 17 en Baio. O mesmo protocolo sucederá a semana seguinte. O luns 21 será o último día para inscribirse na xornada sobre obrigacións e dereitos dos promotores en materia de infraestructuras eléctricas, que se impartirá o xoves 24. A presentación correrá a cargo da directora xeral de Fomento e Calidade da Vivenda, Encarna Otero e intervirá Ignacio Ferrada, subdirector xeral de Habitabilidade e Calidade da edificación. Axudas para os empresarios de Cee O polígono industrial de Cee, que estará situado na recta de Lobelos, vai collendo sona. A Asociación de Empresarios de Cee xa anda argallando o traslado ao parque e está a informar aos empresarios da zona os procesos, trámites e solicitudes que han de realizar para inscribirse nas instalacións da empresa Chan Empresarial do Atlántico (SEXA), co gallo de coñecer un pouco a demanda existente. Uns 30 impresos xa foron entregados para ser cubertos, sen ser vinculantes, por suposto, pero moitos máis terán que ir chegando con premura para servir de sondaxe para a SEXA. Malia e todo a gran cuestión non puido ser contestada. Ninguén coñece o precio do metro cadrado. Con todo, as obras poderán comezar durante o verán, cando o novo centro comercial do Vilar xa estará a pleno rendemento. Fonte
|