|
O Patrimono da Costa da Morte contará cun novo ente que vele polo seu coidado, promoción, difusión e dinamización. Xa non só dependeremos do que a Asociación Neria decida, i é que cada euro que chega á Costa (da Xunta, do estado ou de Europa) pasa polas mans da devandita entidade supramunicipal. Non son poucos os que falan de que Neria xa forma parte do pasado, pero a realidade é que ambas entidades están destinadas a entenderse. Así e todo, a UPD chega para axudar e non para competir, pero veremos como a toman por aquí, xa que coa altura de miras que temos por aquí poderían chegar a percibila máis como inmiga que como aliada. A Unidade de Promoción e Desenvolvemento (UPD) denominada Terras de Galicia, da Fundación Santa María la Real de Palencia, recibíu un financiamento en decembro do 2007 pola Consellería de Traballo da Xunta de Galicia con algo más de 1 millón de euros, para centrarse en dous proxectos nas comarcas da Ribeira Sacra e da Costa da Morte, unha terra mítica, con gran poder emotivo (naufraxios, piratería, extremo do mundo occidental) e cun reclamo gastronómico de indudable potencia. 19 concellos das comarcas de Bergantiños, Soneira, Fisterra, Muros e Xallas, entran no proxecto, incluíndo dende Muros ata Malpica, pasando por Mazaricos, Santa Comba e, mesmo, Carballo. Estamos a falar dunha entidade que pretende participar nun proxecto de desenvolvemento global sostible, sen intencións económicas, a priori, moi ben equipada e cunha morea de premios ás súas costas e de Talleres de promoción e emprego realizados por todas partes. Algo que fai falla, e de que xeito, na nosa bisbarra. Pola inserción laboral Así e todo, a Fundación Santa María la Real-Centro de Estudios del Románico en Galicia traballa para cumplir as espectativas de promoción, difusión e dinamización do patrimonio cultural galego, non só coa elaboración de novos proxectos senón tamén coa participación activa nos xa existentes contribuindo así, a súa mellora e dinamización. Polo momento, o equipo traballa dende o seu centro de operacións en Compostela, na procura e prospección dos recursos culturais, naturais, homanos... existentes nas dúas zonas para, posteriormete, analizalos e elaborar unha serie de propostas cuio obxectivo principal é que sexan realizables e perdurables no tempos. A dinamización vai dirixida á formación e inserción laboral, baseando as estratexias na dinamización de novas iniciativas emprendedoras, de novos xacimientos de emprego, da participación en outras iniciativas territoriais de desenvolvemento, da cooperación con outras Unidades de Promoción e Desenvolvemento e Escolas Taller, e da optimización da cualificación profesional dos traballadores. Equipo Son un total de 15 as personas que, de xeito conxunto e unido, traballarán durante dous anos na inciativa. Un equipo realmente eficaz que conta con 13 técnicos: 2 Licenciados en Arquitectura, 2 Licenciados en Geografía e Historia, un Licenciado en Administración e Dirección de Empresas, un Licenciado en Derecho, un Licenciado en Biología, un Licenciado en CC Políticas e da Administración, un Licenciado en CC da Información, un Diplomado en Turismo, un Técnico Superior en Gráfica publicitaria e un Técnico en preimpresión, artes gráficas e desenvolvemento Web. Vaia, un equipo algo máis preparado que os que estamos acostumados A Fundación Santa María la Real – Centro de Estudios del Románico Foi fundada no 1994, con sede no monasterio de Santa María la Real de Aguilar de Campoo (Palencia), continuando coas liñas de actuación trazadas dende a constitución do Centro de Estudios del Románico en 1988, ampliando o marco legal e as perspectivas de actuación. Algún dos principais obxectivos e finalidades que persigue a Fundación Santa María la Real son: - Contribuir ao desenvolvemento desarrollo económico e social mediante a prestación de servizos que favorezan a integración dos diferentes colectivos que conforman cada comunidade.
- Colaborar coa Administración nas tarefas de índole social que faciliten o mantemento da población e o acrecentamento da mesma asumindo programas de formación e emprego.
- Redactar e actualizar plans e programas de ecodesenvolvemento sostible para enmarcar racionalmente as actuacións de carácter público ou privado.
- Fomentar a promoción de pequenas empresas culturais, turísticas e artesanais que propicien o desenvolvemento sostible da zona.
- Propoñer a elaboración de modelos pilotos de ecodesenvolvemento con forte contenido social e participativo en torno ao patrimonio e á natureza que poida servir de modelo a zonas rurais con abundante patrimonio cultural e natural.
Co fin de cumprir todas estas expectativas, a UPD estructurarase en catro grandes áreas de actuación: - Área de investigación e detección de novas oportunidades de emprego.
 - Área de desenvolvemento de novos proxectos.
- Área de colocación e inserción.
- Área de avaliación de resultados.
Xustificación do proxecto A Fundación apela aos procesos históricos de desenvolvemento económico ao longo dos últimos 2 séculos. A industrialización fixo dende o longo do século XVIII, trala Revolución Industrial en Inglaterra, que o desenvolvemento esté directamente vencellado á capacidade de fabricar produtos industrializados, especialmente durante o último medio século, cando a creación e rápida expansión de grandes compañías multinacionais deu lugar á globalización de produtos, de procesos e de mercados. En zonas como Galicia, o desenvolvemento chegou dende a década de 1960, coa instalación de grandes factorías capaces de absorber una ampla man de obra sen cualificación, procedente en moitos casos do medio rural, o que provocou ao tempo un enorme desequilibrio entre as grandes cidades, e o medio rural, que gradualmente perdía poboación nova ante unha preocupante falta de perspectivas laborales. Como sabemos diso por aquí. Este proceso viuse roto nos últimos anos, co resurxir de novos países que atraen as grandes compañías industriais porque as perspectivas de beneficio económico son moito maiores, favorecido por políticas laborales e medioambientais menos severas. O resultado para moitas cidades galegas, españolas e, en xeral, da Europa Occidental, é un proceso de deslocalización industrial, que só se ve mitigado por políticas de axudas a esas corporacións ou por unha reconversión cara novos sectores de actividade, que de xeito casi masiva apostan polos servicios, especialmente o turismo. O reto de desenvolvemento de futuro para moitas comarcas que sufriron ou sofren esta crise industrial, así como para aquelas outras que nunca a coñeceron e cuio declive é aínda máis longo, é descubrir novos recursos, que ademais sexan, na medida do posible, diferenciados de ootras ofertas, altamente cualificados, cun gran valor engadido e, a ser posible, autóctonos. Nesta labor están comprometidas moitas institucións públicas e entidades privadas e esta é, a grandes liñas, a misión que debe abordar esta UPD. En definitiva, a filosofía que rixe desde a mesma concepción a UPD é considerar que o territorio galego e as súas xentes constitúen en si mesmos un gran recurso, unha materia prima de indubidable valor cuio obxectivo é convertila nun producto manufacturado de calidade, exclusivo, e polo tanto non deslocalizable, competitivo e socializador, apostando por iniciativas variadas e cuios beneficiarios últimos sexan as xentes de cada comarca. Fonte
|