|
Marcos Rodríguez presenta a súa exposición "Costa da Morte, a Costa da Luz" |
Correo-e
|
|
viernes, 11 de abril do 2008 |
|
O fotógrafo da Costa da Morte, Marcos Rodríguez vai expoñer as súas obras relacionadas coa nosa bibarra en Arteixo. Xa temos disfrutado das súas fotos por aquí, xa que Marcos é o fotógrafo do semanario O Acontecer, fabulosos colaboradores nosos. Ademais, Marcos tamén traballa para o diario El Diario de Bergantiños, onde cobre as novas de toda a Costa da Morte. Ben sabemos o moito que traballa Marcos, que non libra nin as fines de semana. Poderemos así, disfrutar en grande dos marabillosos solpores que nos brinda Marcos na exposición "Costa da Morte, a Costa da Luz", que acollerà a Sala de exposicións, do CCC de Arteixo do 18 de abril ao 5 de maio. A inauguraciòn será propio venres 18 de abril, e o horario de apertura é de 10:30 a 14:00 e de 16:30 a 20:00 (agàs sàbados pola tarde, domingos pola tarde e festivos). Animamos a toda a xente que se achegue a Arteixo a disfrutar das súas fotografías. Polo de pronto podedes pasar pola súa páxina web www.marcos-rodriguez.es, ou ver algunhas das súas fotos dos faros da Costa. Novas relacionadas Fonte
|