Xoves, 28 de agosto do 2008
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Entrevista a Jose Ramon Rojo no Acantilado de Radio Neira  Correo-e
viernes, 11 de abril do 2008

Este pasado sábado 5 de abril de 2008, como cada sábado de 16:00 a 17:00 no 107.8 da FM, o equipo do O Acantilado da Radio Neria, Adrián Leira e Juanma Buiturón, levou à radio municial do concello de Corcubión a outro interesante persoeiro da Costa. A semana anterior pasara, e deixando pegada, Xan García, secretario da Asociación Neria, e esta semana acodía ao estrado, José Ramón Rojo, do Partido Autónomo por Corcubión.

O candidato independiente anda preocupado polo tema do goberno no concello, pero propuxo tranquilidade e calma, sinalando que o pacto de goberno teríase que arranxar como persoas civilizadas. A todo isto, asegurou que se presentará de novo nas próximas eleccións e non descarta a maioria absoluta.

Rojo deu varias pinceladas sobre o día a día da vila, destacando a falta dunha pasteleria (e logo a Panadería Corcubión non ofrece doce, e ben rico?) comentando iso era sinónimo de que Corcubion estaba morto. Falou da xuventude corcubionesa e prometeu que no canto de auparse ao poder, a mocidade podería contar con vivendas de 70 metros cadrados por 60.00 euros, a precio de custo, tendo dereito así a unha viventa digna.

Rojo tamén destacou que con el, a Casa do Concello situaríase no edificio da Radio Neria, situado en fronte do Xulgado, que malia ser pequeniño, seguramente daría para todo. A radio iria, neste caso para outro lugar, e a Casa do Concello pasaría a ser unha residencia para 3ª idade.

Próxima cita

Este sabado 12 de abril de 2008, pasará polo Acantilado Jose Parga Eiroa, cantante da canción "tio pio", que interpretou en "tu si que vales". Xa saben, O Acantilado cada sábado de 16:00 a 17:00 no 107.8 da FM. "Radio Neria, é un falar".

Novas relacionadas

Fonte

 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com