Martes, 06 de xaneiro do 2009
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

200.000 m2  Correo-e
viernes, 11 de abril do 2008

Cando esta semana pensaba neste anaquiño de liberdade disfrazado de columna xornalística no internet non atopaba grandes desastres de novidade, maiores os que vivimos habitualmente. Faltábame a inspiración. Claro que esquecía que alguén puidera chegar o rescate da miña mermada capacidade critica. E alí estaban eles; os empresarios.

Para empezar me gustaría que alguén definise de ser posible o termo empresario, por exemplo no diccionario da real academia galega da lingua; “Persoa que posúe ou dirixe algunha empresa. Un rico empresario. Os intereses dos empresarios e os dos traballadores. CF. Capitalista”. Ben.

Para empezar, polos datos últimos publicados vivimos nunha comarca pobre. A taxa de ingresos por familia non chegaba o pasado ano os 10.000 euros anuais e iso e moi pouco. Para continuar o termo empresario implica “posuír unha empresa”. E unha empresa de un non é empresa, perdoádeme. Unha empresa de un e un autónomo. Un autónomo puteado, que é a coletilla fundamental do cargo e do réxime dos autónomos neste pais.

Nembargantes a asociación do sector en Cee é Asociación de Empresarios, non de comerciantes, que por outra banda son maioría. Toda unha declaración de intencións. Porque non se agrupa quen pode senón quen quere, e os que están agrupados, so para determinados intereses nesta asociación son empresarios. E con intereses comúns de empresarios.

Agora piden os membros deste pseudo-sindicato que expresen as súas necesidades de chan no futurisimo polígono industrial de Cee. 200.000 metros cadrados de terreo dedicado a industria onde, segundo as previsións do presidente da entidade, as maiores parcelas serán de 2000 metros como máximo porque “non se agardan grandes industrias no lugar”. Acabaramos.

Se trata de preparar para tres señores un pequeno curriño onde poidan campar as súas anchas. Sen mais empresas non se vai xerar mais emprego, e sen mais emprego... ¿para que facemos un polígono?, ¿para que se expropian 200.000 metros cadrados?.

Esta semana, na reunión organizada pola “patronal” de Cee (jajajaja) 25 destes empresarios (¿25 nada mais?) recibían unha explicación sobre como vai ser a nova superficie, e a empresa encargada de urbanizar esta zona pedíalle esa estimación de ocupación a este organismo. SEA chamase a empresa. Pos sea logo. Outra instalación comercial inútil en Cee. E van dúas. Capitalistas. Ja

  • José Luis Louzán.

Columnas anteriores

 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com