doMngo, 07 de setembro do 2008
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

A bitácora da semana (IV): Surf na Costa da Morte  Correo-e
sábado, 12 de abril do 2008

Image

Esta semana a bitácora chega dende as praias da Costa. Por aí andan un grupo de rapaces da bisbarra que van na procura das olas faga o tempo que faga. Entre eles, atopamos a Rubén, un mozo de Cee, que coida desta bitácora Surf na Costa da Morte que cada día conta con máis visitas e con máis contidos. Entre eles, podemos seguir as reflexións do propio Rubén e as dos compañeiros do Clube de Surf Os Tombos, que non todo pode ser surf.Image

Precisamente, os rapaces do colectivo, que tamén teñen unha bitácora (clubsurfostombos.blogspot.com), conta cuns 30 socios, está a punto de convertirse definitivamente en parte da Federación Galega de Surf, en tanto que xa son unha asociación en toda regra para a Xunta. Os rapaces organizan, ademais de saídas de praia a praia, xornadas de coidado do medio ambiente. Sen ir máis lonxe, esta semana pecharán a data da II Limpeza de Nemiña, que problablemente será o sábado 3 de maio de 2008.

Nemiña o pasado 2 de febreiro de 2008, cando os rapaces sacaron ata 60 quilos de lixo, entre plásticos e chapapote. Que aínda hai e moito. As "galletiñas" son interminables, pódense limpar unha e outra vez pero sempre hai, como comentaba Rubén este pasado venres na Radio Neria, no programa Neria Deportiva dos venres ás 16:00. O que máis dole e ver que a maioría dos plásticos veñen do mar, sinala Rubén. As xornadas valen ademais para pasar un día de praia nun ambiente encantador. En unha hora e media deixamos limpa a praia de Nemiña, que non quedaba e logo todo o día de churrascada, que do que se trata é de pasalo ben.

Image

Pouco a pouco, a a pandilliña dos Tombos vai crecendo, e cada fin de semana uns 10 os que se soen xuntar, xa sen necesidade de usar o teléfono, xa que todos coñecen onde vai estar a mellor ola. Nemiña, Mar do Rostro e Mar de Fóra, están entre as súas favoritas, pero en Estorde pode haber máis mar algunha vez, segundo de onde veña o mar de fondo. É en inverno cando hai mar, con olas de 2 ou 3 metros, e no verán estamos a velas vir e en canto vés unha que se levanta de 3 palmos, xa nos lanzamos ao auga. De cando en vez, xa sexa verán ou inverno, un novo compoñente súmase á pandilliña Costa da Morte recibe a visita de André, un rapaz alemán de uns 8 anos, que colle a súa táboa e se mete só no avión ata a praia. Viu unha vez con nós, e quedou tan enganchado logo de coller un par de olas, que volve cada pouco, conta Rubén.

Bitácoras anterioresImage

Fonte

Ligazóns interesantes

 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com