|
A Retranca volve con teleseries "galeianquis" |
Correo-e
|
|
sábado, 12 de abril do 2008 |
|

A revista de humor galego, A Retranca está a punto de sacar o seu número 6. Nuns días xa poderemos disfrutar dos seus dardos. Este mes a Retranca presenta aos novos fillo da familia Simpson, aos grandísimos Tonechos, tratando de buscar unha conexión entre as míticas series norteamericanas da televisión e o panorama auidovisual galego. Así nos presenta o número o polivalente Kiko da Silva, que está participar na Exposición "O Álbum Galego: 25 miradas para unha década(1997-2007)" coas súas ilustracións. Seguro que algunha vez vos preguntásteis: como serían as series americanas se se fixesen na Telejaita?... Imaxinades que "PADRE CASARES" fora "PADRE ROUCO"?... E se o Jack Bauer, o prota de 24 chegase ao aeroporto de Lavacolla para evitar que uns perigosos terroristas islámicos enchan o famoso botafumeiro de ántrax?... Imaxina "Mujeres desesperadas" á galega, unha serie das peripecias sexuais máis quentes da Costa da Morte... AS LERCHAS DA RIBEIRA!!!. Novas relacionadas Fonte
|