Martes, 06 de xaneiro do 2009
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

R, a punto de chegar á Costa, xa conta cos primeiros atrancos  Correo-e
lunes, 14 de abril do 2008

R xa anda pola bisbarra tentando ofrecer unha alternativa ao monopolio de Telefónica. Xa contaban coa empresa por Vimianzo e Malpica para o pasado 2007, pero seguindo co habitual por esta agochada bisbarra, chega a mediados deste 2008. Cee terá que agardar cando menos ata o 2009. Malia ter traballado xa en 500 concellos do país, é ao chegar a Costa da Morte cando atopa os primeiros obstáculos. Disque comenzaba hai un par de meses as conversas co concello de Vimianzo, pero estas non semellan ir a bo porto. É imperiosa a necesidade de que este sector conte coa posibilidade de contar con banda ancha de verdade, e co gallo de meter un pouco de presión no monopolio Telefónica, para que de verdade se poñan as pilas e non fagan o que lles pete, por non termos outra alternativa.

Os problemas en Vimianzo son complexos. Dende o BNG responsabilizan ao alcalde, Alejandro Lema, de obstaculizar as negociacións, mentres que o propio alcalde asegura que non se otourgou a licencia á empresa galega por non ter atendido todas as peticións que se lle fixeran. Lema esixe máis oferta, pero dende algún foro apuntan que en Vimianzo, se non hai cazo, non hai R.

Parque industrial

Os problemas máis grandes chegan coa nova constución do parque industrial de Vimianzo. As obras van por bo camiño, xa está todo ben chan para que se empece a montar as infrastruturas e os edificios, pero R non pode comezar a instalar os cables de fibra óptica por non ter licencia. Segundo o BNG, o concello "non só perde un investimento de 1 millón de euros, senón, algo aínda máis grave, perde a prestación do servizo de banda ancha ao través do cable de fibra óptica".

O BNG pide así que se convoque con urxencia á Comisión de Urbanismo do concello para afrontar o tema nunha reunión na que tamén esté presente a empresa galega R. Semella imperioso o asunto, xa que no caso de non avisar nestes días á empresa, esta ten asegurado que marcharía para outro concello sen ningún problema.

Nota de prensa do BNG de Vimianzo

O BNG responsabiliza ao Alcalde da perda dunha obra de 1 millón de euros en Vimianzo

As declaracións públicas dos responsables da empresa R, operadora de telefonía e comunicacións, feitas nun medio de comunicación, veñen a confirmar as sospeitas do BNG de Vimianzo, que dende o concello se está impedindo a execución dun proxecto de máis de 1 millón de euros de investimento para estender a rede de cable de fibra óptica. Unha vez máis o desgoberno de Vimianzo pon en perigo un dos investimentos máis importantes para o noso progreso. “O capricho e os intereses do Alcalde fannos perder unha obra de 1millón de euros”, di o Portavoz do BNG. Tamén confirma a empresa a posibilidade de desistir en facer as obras en Vimianzo, e marcharse para outro concello que non poña obstáculos. “O Alcalde consigue outra vez que se marchen servizos de Vimianzo para outros concellos”, di Manuel Antelo.

Os nacionalistas non entenden porque o Alcalde non se reúne coa empresa R para que o concello colabore coa expansión do cable en Vimianzo, igual que fixeron o resto de municipios. “Se o Alcalde ten tempo para xogar ás cartas todas as tardes tamén o debe ter para reunirse con R”, di Manuel Antelo. Neste senso os nacionalistas reiteran a solicitude de reunir a Comisión de Obras. “Se nesta semana non se celebra a reunión, chamaremos á empresa para que se reúna cos empresarios e veciños de Vimianzo”, di o Portavoz nacionalista.

Os nacionalistas critican ao Alcalde por lle negar a linceza para as obras, cando non tiveron problema nos máis de cincuenta concellos onde se executaron. No caso de persistir esta situación solicitarán á Asociación de Empresarios de Vimianzo, á promotora do Parque Empresarial (SEA) e á Consellería de Innovación e Industria a súa mediación e actuación a favor de non perder este investimento tan importante e clave no noso futuro empresarial e económico. “Deixar a Vimianzo e ao Parque Empresarial sen fibra óptica é retroceder vinte anos atrás, é ir contra o progreso”, di Manuel Antelo.

Esta semana vimos como hai empresas en Vimianzo que gozan de todos os favores da Alcaldía, como a empresa da súa familia, a quen acaban de adxudicar, unha vez máis, un contrato municipal de subministros por 130.000€ . No caso do cableado de fibra óptica o concello non ten que facer aportación económica algunha, pois trátase dunha obra particular, pero para dar un servizo aos cidadáns de Vimianzo e ao Parque Empresarial. Ao non tramitar o expediente de licenza o Alcalde está “torpedeando” a execución desta obra, e está castigando ao veciños de Vimianzo, pois a empresa en vez de facer esta infraestructura no noso concello marchará a facela a outro. “O Alcalde tira o concello pola ventá para favorecer ás súas empresas amigas, mentres boicotea proxectos de presente e de futuro para Vimianzo”, di Manuel Antelo.

Os nacionalistas consideran insoportable o desgoberno de Vimianzo, e esta actuación do Alcalde é unha mostra delo. Neste senso responsabilizan ao PSOE de permitir esta situación por intereses partidistas, deixando de lado os intereses xerais dos vimianceses. “Canto tempo máis vai seguir o PSOE permitindo este desgoberno en Vimianzo?”, pregúntase Manuel Antelo.

Nota de prensa do BNG de Vimianzo

O concello ponlle obstáculos á empresa R para o despregamento da rede de cabo de fibra óptica na localidade. O investimento de mais de 1 millón de euros viase para outro concello.

Sr. Alcalde-Presidente do Concello de Vimianzo:

Manuel Antelo Pazos, na súa calidade de Portavoz do Grupo Municipal do BNG, por medio do presente escrito solicita a convocatoria urxente da Comisión de Obras para tratar dos obstáculos existentes que impiden a execución da infraestructura do cable de fibra óptica en Vimianzo.

  • 1. A execución das obras para a instalación do cable de fibra óptica en Vimianzo para dar servizo de banda ancha estaba previsto que se fixera antes de que remate o ano. Neste senso a empresa galega R de telecomunicacións por fibra óptica sería quen realizaría as obras de instalación, contando para elo con unha subvención da Consellería de Innovación e Industria, no marco do Plano Estratéxico Galego da Sociedade da Información.
  • 2. O Plano Estratéxico Galego da Sociedade da Información ten como obxectivo conseguir que en 2010 o 90% da poboación galega conte con acceso aos servizos de banda ancha. Nunha das etapas pretende que os núcleos de máis de 500 vivendas teña banda ancha en 2008. Para cumprir estes obxectivos a operadora galego de cabo R conta un orzamento de 134,7 millóns de euros, dos que 39 son achegas da Consellería.
  • 3. No marco do referido anteriormente, no mes de decembro de 2006 a empresa R solicita, diante do concello de Vimianzo, licenza municipal de obras para levar a cabo o despregamento da rede de cable en viais municipais do casco urbano de Vimianzo durante o ano 2007. Cinco meses despois, en maio de 2007, a Xunta de Goberno Local acorda requirirlle á empresa a subsanación de determinadas carencias que observa no proxecto presentado. A día de hoxe aínda non se resolveu a concesión de licenza, e polo tanto, non se iniciaron as obras.
  • 4. O despregue en Vimianzo da rede de cable de fibra óptica estaba previsto que prestara os servizos de banda ancha ao Parque Empresarial e ao casco urbano de Vimianzo, nunha primeira fase. A falta de licenza obriga á empresa a cambiar as actuacións previstas no noso concello por outro concello onde atoparon máis colaboración. Isto é debido a que o Plano de Extensión da Rede Troncal de fibra óptica remata no vindeiro mes de xuño, e os obstáculos non resoltos polo concello de Vimianzo, farían perder as achegas aprobadas pola Consellería, coas consecuentes dificultades de financiación das obras.
  • 5. Con esta forma de proceder o concello de Vimianzo non só perde un investimento de 1 millón de euros, senón, algo aínda máis grave, perde a prestación do servizo de banda ancha ao través do cable de fibra óptica. Con isto quedaremos relegados no atraso máis absoluto dos servizos das novas Tecnoloxías da Información e a Comunicación. Perdemos, pois, unha oportunidade histórica, e deixamos pasar o tren do progreso.
  • 6. Os grandes investimentos que se están levando a cabo en Vimianzo como o Parque Empresarial e o Xeriátrico, xunto co tecido empresarial e a poboación en xeral quedarán en franca desvantaxe pola perda desta infraestructura. Dificilmente unha empresa con miras de futuro pode atopar condicións de progreso nun parque empresarial que carece de rede de cable de fibra óptica.
  • 7. O noso grupo carece de información municipal ao respecto deste problema, e consideramos importante e urxente, a convocatoria de xeito inmediato da Comisión de Urbanismo e Obras para abordar este asunto con toda a profundidade. Na comisión o Sr. Alcalde debería informar de todo o proceso e dos diversos obstáculos e problemas xurdidos. Tamén debe ser convidada a empresa R para que expoña o proxecto e o seu punto de vista. O obxectivo é que o noso concello non perda esta infraestructura tan importante para o progreso do noso tecido empresarial e da nosa sociedade.

É polo que SOLICITA:

  • 1. Que pola Alcaldía se convoque, sen pérdida de tempo, a Comisión Informativa Permanente de Urbanismo, Obras, Medioambiente e Sostenibilidade para que se informe sobre os obstáculos existentes que impiden a execución do despregamento da rede de cable de fibra óptica en Vimianzo, e concretamente a situación do expediente de licenza que se solicita para a execución das obras, así como dos impedimentos xurdidos para a súa concesión.
  • 2. Que pola Alcaldía se invite á empresa R para que participe na citada reunión expoñendo o seu punto de vista.

Fonte

 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com