Martes, 06 de xaneiro do 2009
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Apúntate á Rede de Comercio Rural Galego e moderniza o teu negocio  Correo-e
martes, 15 de abril do 2008

A Xunta vén de aprobar unhas axudas para a mellora do pequenos comerciantes do rural que se adhiran á Rede de Comercio. Para modernizar o noso negocio, hai que poñerse en contacto co teu concello para que dende el tramiten o proceso coa Consellería de Innovación e Industria. As axudas están destinadas calquera comerciante  para a adecuación dos locais comerciais, cun orzamento de execución material que non poderá ser superior a 1.000 €/m2.

Datos para solicitar a subvención

Considéranse actuacións subvencionables, sempre que sexan levadas a cabo desde o 1 de xaneiro de 2008 ata o límite de xustificación do prazo que consta no artigo 17.1º destas bases, as seguintes:

  • A adecuación de novos locais comerciais ou reforma e/ou ampliación dos existentes sempre que a superficie resultante non supere os 150 metros cadrados e teña unha superficie mínima de 35 metros cadrados de sala de vendas (incluídos os locais precisos para o desenvolvemento da actividade: cociñas, almacéns, aseos ...).
  • A reforma da fachada da edificación onde se instale o establecemento.
  • A adquisición do mobiliario do local comercial.
  • O rótulo da Rede de comercio rural galego.
  • A adquisición do equipamento preciso para o desenvolvemento da actividade.

Quedan expresamente excluídas do ámbito de aplicación desta orde as seguintes actuacións:

  • A reforma ou a rehabilitación de dependencias non relacionadas coa actividade.
  • A adquisición de locais e, en xeral, de bens inmobles.
  • A edificación nova.
  • Os gastos de funcionamento de actividade.

Nota de prensa da Consellería de Innovación e Industria

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicaba o pasado 9 de abril de 2008 as bases reguladoras para a concesión das subvencións a pequenos comerciantes ou promotores de comercios no rural que se adhiran á Rede de Comercio Rural Galego. Para iso, a Consellaría disporá dun presuposto de 1.500.000 euros, como xa anunciara o conselleiro na presentación destas axudas o pasado mes de marzo. Para poder acceder a elas, consideraranse comercios rurais os situados en concellos con menos de 5.000 habitantes e en núcleos de poboación que non superen os 1.500 habitantes, situados nos concellos de máis de 5.000 habitantes con ou sen planeamento municipal vixente.

Poderán beneficiarse destas axudas os comerciantes ou futuros comerciantes retallistas que teñan capacidade legal de exercer o comercio e se dediquen a el de xeito habitual; ser propietarios do local no que se desenvolven ou pretenden desenvolver a súa actividade ou ter unha disposición sobre el que permita realizar o investimento proxectado; que desenvolvan ou vaian desenvolver a súa actividade comercial en Galiza; que non superen os dez traballadores; e que os locais comerciais teñan mínimo 35 m2 non superen os 150 m2 e superficie comercial destinada á exposición e venda ao público. Os solicitantes das subvencións deberán adquirir os compromisos seguintes: adherirse á Rede de Comercio Rural Galego unha vez rematadas as obras e superada a auditoría de comprobación do organismo xestor da Rede; realizar a rehabilitación seguindo o manual de adecuación do local; manter o establecemento aberto e en funcionamento durante 10 anos seguindo os requisitos de xestión recollidos nos manuais da Rede; ofrecer os produtos e servizos esixidos pola Rede; e someterse ás actuacións de comprobación que efectúe a entidade responsable das auditorías da Rede de Comercio Rural Galego.

Serán subvencionables todas aquelas actividades que estean relacionadas coa adecuación de novos locais comerciais ou reforma e/ou ampliación dos existentes; a reforma da fachada da edificación onde se ubique o establecemento; a adquisición do mobiliario do local comercial; o rótulo da Rede de Comercio Rural Galego; e a adquisición do equipamento preciso para o desenvolvemento da actividade.

Modernización do Comercio Rural

Estas axudas súmanse á orde de axudas para a modernización do Comercio Rural que xa se convocou o pasado mes de febreiro e á que se destinan 1,5 millóns de euros. Esta outra orde ten como beneficiarios os establecementos situados en concellos de menos de 10.000 habitantes, polo que poden beneficiarse dela os locais comerciais dun total de 258 concellos galegos. As actuacións básicas contempladas na orde son a reforma e adaptación do establecemento, a eliminación de barreiras arquitectónicas, así como as obras de ampliación dos locais, sempre que a superficie útil resultante sexa inferior a 300 m2. Tamén son subvencionables o deseño e execución de campañas promocionais para a captación e fidelización dos clientes; a moblaxe, elementos de decoración e outros equipamentos comerciais; e a adquisición de vehículos para uso comercial e distribución de produtos.

Servizo de mensaxería de Mazaricos

Xa está a piques de comezar o sistema de información por mensaxe SMS. Será aproximadamente a mediados do mes que vén cando o sistema comece a maternos informados de todas as novidades que se produzan no concello de Mazaricos.

Novas relacionadas

Fonte

 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com