|
Unha das asociacións máis activas da bisbarra acaba de presentar unha máis que interesante iniciativa. A Asociación "Universidade Popular escola de Verao de Corcubión" presenta o I Maio Solidario de Corcubión, un compendio de charlas, documentais e exposicións sobre os pobos máis desfavorecidos neste mundo controlado polos países consumidores. Xa visitábamos a pasada fin de semana as clases de pandeireta levadas a cabo na Biblioteca Municipal, e en breve disfrutaremos das novas iniciativas levadas polos membros da asociación Serxio Iglesias, Alfredo González López, Dulce Canosa Trillo, Diego Díaz Silva, Isabel Soneira Leis, Olaia Figueira Martínez, Natalia Ferrol González e Marcos Soneira Leis. Programa do Maio Solidario do 2 ao 30 de maio de 2008A asociación UNIVERSIDADE POPULAR DE CORCUBIÓN levará a cabo entre os días 2 e 30 de maio o “I MAIO SOLIDARIO DE CORCUBIÓN”, xa que concebimos estas actividades co iniquívoco propósito de formar unha conciencia solidaria, de sensibilización perante ás situacións de extrema precariedade sufridas no chamado Terceiro Mundo e de achegar ferramentas para unha práctica activa fronte á inxustiza e o desprezo do norte cara ao sur. PRESENTACIÓN DAS XORNADAS - ACTUACIÓN DO DÚO NAJLA E LORENZO. Venres 2 de maio na Casa da Cultura, ás 20:30.
CONFERENCIAS (Na Casa da Cultura, ás 20:30) - Venres 9 de maio: SÁHARA, MEMORIA DO CONFLITO. Esteban Varela. Subdelegado da asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui. Responsábel comarcal do programa Vacacións en paz.
- Venres 16 de maio: ÁFRICA: PERSPECTIVA DO CONTINENTE E INMIGRACIÓN AFRICANA NA GALIZA. Víctor Omgbá. Xornalista e escritor camerunés. Director-fundador da ONGD Equus Zebra de axuda ao inmigrante.
- Xoves 22 de maio: A LEI DE INMIGRACIÓN. Teresa Franco. Licenciada en Dereito e experta en lexislación social.
- Venres 23 de maio: PALESTINA OU A CRÓNICA DUNHA TRAXEDIA. Mohamed Safa. Oftalmólogo palestino residente en Galiza. Conferenciante e escritor, foi responsábel na Galiza da OLP.
DOCUMENTAIS (Na Casa da Cultura, ás 20:30) - Xoves 8 de maio: Cabo Verde, sabí. Un documental sobre a inmigración caboverdiana na Galiza. Unha proposta que reflicte a mensaxe máis positiva das migracións: o respecto e o diálogo.
- Xoves 15 de maio: Bs.As. Unha película sobre Buenos Aires e a súa relación con Galiza.
- Xoves 22 de maio: Vilaboa, mirando a Meca / Mundo Bazar. Dous breves documentais que retallan a problemática social e a peculiaridade dos colectivos inmigrantes magrebís e chineses no país. (Proxectaranse antes da conferencia sobre a Lei de Inmigración, impartida por Teresa Franco).
EXPOSICIÓN: OS OBXECTIVOS DO MILENIO (Na Casa da Cultura, do 1 ao 15 de maio) - Respecto e defensa dos principios da dignidade humana, a igualdade e a equidade no plano mundial.
COMERCIO XUSTO (No Cárcere Vello. Do 24 ao 30 de maio) - Exposición e venda de produtos. Información sobre o Comercio Xusto. En colaboración coas ONGD’s Equus Zebra e Panxea.
FESTA SOLIDARIA (venres 30 de maio, dende as 21:00 na Prazoleta) - Festa multicultural para rematar as xornadas solidarias. Tenda de Comercio Xusto na rúa. Actuación dos grupos ALÓDJANGÓ (Gipsy Jazz) e DEM (fusión multiétnica).
Xa está o cómic na Biblioteca O encantador Cómic da Historia de Corcubión editado pola Asociación Nemancos, coa colaboración do Concello de Corcubión e a Asoc. Universidade Popular, que xa levamos tempo amosando e promocionando por capítulos neste diario, xa está dispoñible naBiblioteca Municipal de Corcubión para que todos os socios da mesma o poidan disfrutar. Novas relacionadas Fonte
|