Martes, 06 de xaneiro do 2009
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

A Ponte do Porto terá depuradora nun ano  Correo-e
miércoles, 16 de abril do 2008

O saneamento da ría de Camariñas ten, cando menos, presuposto aprobado. Así o anunciaba a Consellería de Medio Ambiente, que adxudicou as obras para a construción dunha nova depuradora de augas residuais na Ponte do Porto, ademais dos traballos na rede de sumidoiros e colectores xerais. Un total de case que 6,5 millóns de euros para unhas obras cun prazo de 12 meses que levará a cabo a empresa compostelana Espina y Delfín.

A depuradora terá capacidade para dar servizo a 5.000 veciños, de xeito que ademais da Ponte, os veciños vimiancese do Cereixo e do Carnés poderán utilizar a nova rede. Con estas obras péchanse os traballos de saneamento da ría de Camariñas, xa queu na capital están en plena efervescencia a canalización. A ubicación da planta depuradora EDAR non ten aínda ubicación final, ao igual que a de Malpica.

Mundo virtual camariñán

A rede móvese, e de que xeito por Camariñas. Sen dúbida o concello con máis vida subacuática. As dúas webs máis activas do concello veñen de anunciar unha nova inciativa. Camarinas.eu presenta o seu InmoCamarinas.eu, e o Diario Camariñán a súa "Tenda virtual". Ambos no mesmo sentido, co gallo de axudar a xente a promocionar produtos que se queiran vender ou mercar. Aí quedan as propostas.

Lembramos tamén un par de detalles, neste caso, da web Camarinas.eu. O seu directo r vén de publicar un par de reportaxes ben interesantes. Un mostra as perigosas xornadas laborais dos Percebeiros de Camariñas coas imaxes máis impactantes do día a día dun traballador das rochas. A segunda reportaxe é unha Singladura Fluvial ata a Ponte do Porto, unha viaxe en barca dende Camariñas todo pola ría ata a Ponte do Porto. Ben bonito e refrescante paseo, a verdade.

Fonte

 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com