Xoves, 28 de agosto do 2008
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

A Taberna Ultreia co Camiño en Canadá  Correo-e
miércoles, 16 de abril do 2008

Image

A maioría xa sabemos o que é a Taberna Ultreia. Ese agradable lugar aló, na fin do mundo, onde poder parar e disfrutar da mellor música e da xente máis encantadora. José María Vela, encárgase sempre de argallar as máis interesantes actividades, e desta volta vén con unha colaboración do máis interesante. "O Camiño pola Unidade de Coidades Intensivos de recén nacidos para o Hospital Xeral de Vitoria BC" é toda unha coopearción trasatlántica. A iniciativa nacía o pasado ano cando unha familia de peregrinos quebecuás pasaron e ficaron prendados de Fisterra e da Taberna Ultreia. Agora será José María quen visitará o festival o 3 de maio de 2008, para poñer o seu gran de area.

Así, tras varias veladas inolvidables ao son da guitarra de Fred e do violín da pequena Ella, surxíu a idea deste Festival, que xa ten unha doble finalidade. A primeira, e base do proxecto, é a recaudación de fondos para a construción da Unidade de Coidades Intensivos de recén nacidos para o Hospital Xeral de Vitoria BC (a capital da Columbia Británica, no Canadá). A segunda é a promoción do Camiño de Fisterra como unha alternativa espiritual, cultural e humana, onde o intercambio cultural e o aprendizaxe no día a día forma parte de cada paso que ún vai dando ata alcanzar a meta que un se fixa, como conta José María.

ExposiciónImage

A Taberna non para e o pasado mes contaba cunha máis que interesante exposición fotográfica sobre a India, marabilloso, con todas as letras, país. A exposición era de fotógrafo da zona Diego Naya, que ademais de traballar para o Grupo Ideal Gallego e mailo Correo Gallego, anda viaxando e coñecendo mundo. Unha pena non chegar a tempo.

FonteImage

 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com