|
Hai inciativas que dan gusto. Estamos nunha época onde a xuventude... ai a xuventude!, que diría máis dun avó. Pois aínda hai mocidade que se canea. E aí están, un grupo de mozos de Muxía, Cee, O Ézaro..., que montas a Asociciación Os Tombos, e que se xuntan cada día, e máis na fin de semana, para disfrutar do seu deporte favorito, o surf. Pero é que ademais estes mozos se ocupan de coidar o entorno que disfrutan e acaban de fixar a data para a II Limpeza de Nemiña: será o vindeiro 3 de maio de 2008. A primeira vez que os rapaces limparan a mesma praia fora o pasado 2 de febreiro. Cdentos de quilos de lixo foron recollidos, a maioría chegados do propio mar. Seica aos que traballan e viven da mar non lles apura tirar a botella de turno pola borda, e todas rematan no mesmo sitio. Se cadra, hai algún que tería que tomar nota. As "galletiñas" de chapapote aínda estiveron ben presentes chegando a uns 60 ou 70 quilos (miña nai querida!), i é que son o conto de nunca acabar, ven unha ola e xa levanta unhas novas, débense reproducir ou algo. 
Asociación Os Tombos A Asociación Os Tombos (clubsurfostombos.blogspot.com), que conta cuns 30 socios, está xuntando os papeis para entrar a formar parte da Federación Galega de Surf, e se cadra, nuns aniños xa están a organizar algún campionato pola Costa. Polo de pronto xa son asociación en toda regra, pero axudas, hai poucas. A pasada fin de semana visitábamos Cee na sección a Bitácora da semana, para atoparnos cun dos membros da Asociación, que coida da agradable bitácota Surf na Costa da Morte, Rubén. Xa nos adiantaba o programa da limpeza, que será un par de horas para deixar a praia relucente e o resto do día para disfrutar do churrasquiño e da boa vida. Xa saben, pode axudar quen queira, só hai que poñerse en contacto cos organizadores en clubsurfostombos.blogspot.com. Cantos máis mellor! II xornada de limpeza da praia de Nemiña A próxima limpeza de Nemiña xa ten data. Realizarémola o Sábado 3 de Maio e será organizada de novo por membros do Club os Tombos. O plan será o mesmo que o da primeira limpeza. Quedaremos pola mañá, limparemos, algúns surfearemos antes de comer, comeremos un bo churrasquiño, volveremos a surfear, ou durmimos unha sestiña, volvemos a surfear e se sobrou algo podemos volver a comer churrasco jeje. Jobá.. ultimamente xa relaciono máis co surf a palabra churrasco que outras como "bilabon" ou "cuicsilver". ¿Vos sabedes o ben que se da pillar unha ola e que inmediatamente despois che veña á boca o sabor a criolliño e salsa de churrasco? jeje como dixo un cuñado meu, "¡mola a dios! é como comer dúas veces!" Novas relacionadas Fonte
|