Venres, 04 de xulio do 2008
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Francisco Lema, novo alcalde de Corcubión  Correo-e
miércoles, 16 de abril do 2008

Image

Todo transcurriu sen sorpresas no pleno de Corcubión e Chisco, candidato polo PSdG-PSOE, convertíuse no novo alcalde do concello. Ás 20.15 comezou a primeira orde do pleno, cando tomou posesión Xosé Ansede como novo concelleiro do BNG, substituindo a Rafael Mouzo. Unha media hora despois, deu comezo a votación para o novo alcalde, e aquí acaeceu a primeira nota xocosa da noite: o bastón de alcalde non aparecía e o traspaso de poderes fíxose sen él.Image

A segunda nota de humor da xornada tivo lugar cando os distintos grupos votaron polo seu propio candidato. Primeiro foi o PSOE e logo o BNG. Neste punto, foi o novo concelleiro, Pepe, convertido en Presidente provisional por ser a persoa de máis idade entre os presentes, que esqueceu de preguntarlle a Genma polo seu voto. Subsanado este 'lapsus', a popular tamén se votou así mesma, non renovando, como apuntara, o pacto co novo Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego, e dando a alcaldía ao PSdG-PSOE, Francisco Lema, Chisco, que contaba con 12 votos máis das últimas municipais.

A asistencia de público foi notable, con moita xente da vila e numerosos persoeiros da vida política da bisbarra. Amancia Trillo, Pichurri ou mesmo a deputada Marisol soneira fixeron acto de presencia.Image

Francisco Lema, Chisco, leu un breve discurso que lle costou terminar, pois ao chegar a parte onde falou da súa familia empezou a emocionarse, especialmente ao lembrar ao seu pai. Tamén tivo un recordo para a memoria de Salvador.

Fonte

 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com