Mércores, 19 de novembro do 2008
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Marcos Rodríguez: “As fotos axudan a non esquecer”  Correo-e
jueves, 17 de abril do 2008

ImageA incursión de Marcos Rodríguez no fotoxornalismo é relativamente recente. Nembargantes, o seu idilio coas cámaras ven de lonxe. O xefe de fotografía deste xornal leva encadrando, ‘disparando’ e -como se facía outrora- positivando dende que ten uso de razón. “Sempre me chamou a atención a maneira na que coa fotografía se pode captar un momento. Creo que isto axuda a non esquecer o que che pasa. Xa de moi pequeno tiven posibilidade de manexar unha cámara e meu pai ensinoume moito neses primeiros momentos”, di. As mellores imaxes que captou na Costa da Morte estarán expostas na Sala de Exposicións do Centro Cívico e Cultural de Artexio dende o 18 de abril, con horario de 10:30 a 14:00 horas e de 16:30 a 22:00 horas.

Unha Kodak Retina do 54, regalo do cónsul xaponés en Milán a seu pai, e que levaba na súa casa toda a vida”. Esta foi a primeira cámara de Marcos Rodríguez, segundo sinala na súa web. Coa axuda de seu pai comezou a buscar as mellores opcións que lle ofrecía a realidade cotiá para ‘metelas’ nos seus carretes. “Chamoume moito a atención dende un principio a natureza. Antes traballaba moito en branco e negro. Ademais, tiven a sorte de que me prestaran o laboratorio do Centro Cultural de Carballo para pasar alí tardes revelando negativos de 35 milímetros. Despois xurdiu a posibilidade de facer un curso de produción audiovisual, alá polo 93, e aí engancheime definitivamente”, engade.Image

Pasou tempo coa fotografía como ‘hobby’, aínda que sempre presente mentres traballaba noutras cousas. Tentaba combinar a súa afección coas tarefas para subsistir. Só hai dous anos que se decidiu a probar sorte nos medios de comunicación. Empezou en ‘El Ideal Gallego’, onde segue colaborando, e agora está integrado na singradura de O Acontecer. Neste tempo tomou unhas cantas imaxes belas da Costa da Morte, as que agora expón en Arteixo. Por que a Costa da Luz? “Porque hai boa luz dende calquera punto desta comarca. Estamos completamente rodeados de mar e iso axuda a que o sol sexa especial. Podes poñerte a mirar ao Monte Pindo dende Corcubión e ver unha paisaxe espectacular. E podes facer o mesmo dende moitos outros puntos da Costa. Hai unha luz moi boa e eu tenteina aproveitar o máximo posible. É difícil, porque se sacas durante unha hora unha foto cada minuto, 59 delas serán malas ou regulares e só unha realmente boa. O 70% dunha gran foto conséguese estando no lugar correcto no momento exacto”, explica.

A Marcos Rodríguez resúltalle complicado elixir as súas fotos favoritas: “Cada día teño como preferida unha foto distinta. Igual dentro de seis meses teño un montón que me gustaron no seu día e nese momento xa non. O meu criterio pode ser moi diferente do de outras persoas. É a xente quen decide ao final cales son as mellores”.

FASGANA (a Asociación Galega de Fotógrafos da Natureza) é outro dos proxectos nos que está embarcado Marcos Rodríguez. É socio fundador e parte activa do colectivo, ademais de vocal para a Costa da Morte. Recentemente el e os seus compañeiros celebraron o II Rally Fotográfico da Costada Morte por distintos puntos da zona. Para el hai un gran referente na fotografía de paisaxes naturais: “Ansel Adams é a influenza principal, sen dúbida. Non tentamos copiarlle, pero sempre está presente cando tomamos este tipo de imaxes”.Image

A pesar de admitir que a súa afección medrou cando empezou a revelar negativos no laboratorio, Marcos Rodríguez non é un romántico das cámaras analóxicas. “Non creo que se perdera nada coa tecnoloxía dixital. Nada en absoluto. Hai que aproveitar o que se mellorou, porque nos ofrece un mundo novo. Perdéronse cousas no camiño, mais a dixitalización abriunos moitas posibilidades”, argumenta. Polo de pronto, dende o veners 18 de abril de 2008, poden pasar pola Sala de Exposicións do Centro Cívico e Cultural de Artexio  para disfrutar da "Costa da Luz". 

Novas relacionadas

Fonte

 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com