Xoves, 28 de agosto do 2008
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

A Asprocom informa das novas normas de habitabilidade en Baio  Correo-e
jueves, 17 de abril do 2008

A Asociación de Promotores da Costa da Morte (Asprocom) celebra estos días en Baio unhas xornadas informativas sobre as novas normas de Habitabilidade por mór da entrada en vigor do Decreto 262/2007 do Hábitat Galego, o mesmo día da primeira charla, hoxe, 17 de abril de 2008. Esta, en realidade 2ª charla, xa que os promotores realizaran con anterioridade unha sobre a inseguridade xurídica no marco das promotoras. A charla, pois, dará comezo ás 17:00, da man da Directora Xeral de Fomento e Calidade da Vivenda da Consellería de Vivenda, Encarnación Otero Cépeda, e do Subdirector Xeral de Habitabilidade e Calidade da Edificación, Ignacio Cerrada Gonzalo. Estas charlas non só están pensadas para os promotores e técnicos da bisbarra, senón que todo o mundo está involucrado en como son as normas de calidade das nosas vivendas.

Normas do Hábitat Galego

Chamamos a Luis Collarte, membro do Colexio de Arquitectos da Coruña, e asesor técnico da Asprocom, para descubrir os detalles da nova lei de habitabilidade. A base dos cambios son os aumentos nas superficies que fan habitables as vivendas. Con estas normas, Galicia colócase na cabeza de zonas máis restritivas en todo o estado, pasando a ser os máis grandes de España, como comenta Collarte.

Incremento das superficies

Ninguén pode dicir que a norma é mala. Como norma é "cojonuda". Ti para ir a traballar que prefires, un Mercedes ou un cochiño calquera? Así define Collarte a nova lei. Nela deben aumentarse superficies comunes, como pasillos, baños,... ou o diámetro dos patios interiores ou a altura dos pisos. A lei é moito máis ampla que a anterior e pasa de 3 a 30 e pico folios, sendo máis completa pero menos concreta e con máis erros, segundo Collarte.

O arquitecto fai unha alegoría moi fácil de enteder: É como mercar mazás por caixas. Se as caixas levan 100 mazás pero de repente as poñen a 80, ti que mercabas 50 caixas para ter 5.000 mazás, xa non tes tantas como querías. Na vivenda igual: se os promotores queren con 60 metros cadrados facer unha casa con cociña, salón, dúas habitacións e dous cuartos de baño, agora xa non poden porque o corredor ten que ser máis longo e os cuartos de baño máis habitables.

Primeiras discrepancias

Xa surxiron, como comenta o arquitecto, as primeiras queixas dende certos sectores. Os promotores son os primeiros que alzaron a voz, ao igual que algunhas delegacións de arquitectos. Comezando polo propio Colexio de Arquitectos da Coruña, que presentaran 150 alegacións aló por xullo do 2007 a varios dos 135 puntos que conta a lei, considerando moitos deles "incorrectos técnicamente", e non recibiron resposta algunha. A Asociación de Instaladores e a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) tamén mostrou o seu rexeitamento. Disque a lei foi sacada a partir das reunións de 8 técnicos da Xunta e pouco máis, con pouco traballo de reflexión e de buscar o esencial.

Concellos e PXOM

Estas normas de deseño entran directamente en conflicto con todas as leis xa aprobadas e por aprobar. Precisamente a FEGAMP lanzaba estas semanas un comunicado conforme entendía que este decreto invade tamén competencias en materia de ordenación que a lexislación urbanística outorgaba aos municipios. O asunto é que das 3 partes que consta a norma, a máis restrictiva non entraría dentro dos concellos con PXOM. Pero no caso de non contaren co Plan, cousa máis habitual na costa, a norma tería máis valor que as normas urbanísticas dos concellos. Isto reflicte perfectamente a FEGAMP, que asegura que as Normas do Hábitat Galego foron aprobadas con infracción dos principios de xerarquía normativa e competencia, con efectos lesivos para a autonomía municipal.

Momento "inoportuno"

Tampouco está convencido Collarte de que este sexa o mellor momento para sacar esta lei, e máis con tanta premura. I é que non é o mellor momento para andar con restricións. Nestes momentos nos que niguén quere construir, ninguén quere mercar e os bancos non dan créditos, estas medidas non fan senón paralizar un sector que en 2 ou 3 anos vaise mover moi pouquiño.

Avalancha de solicitudes de licencia de obra

Estará parada a cousa nos vindeiros anos, pero nestes últimos días o aluvión de solicitudes de licencia de construción foi tremendo. Ata 15.000 soliicitudes foron presentadas nestas últimas semanas, en sabendo que as normas serán moito máis restrictivas cada metro cadrado de solo vai deixar menos marxe de beneficio.

“O promotor ante as empresas eléctricas"

A segunda charla terá lugar o xoves 24 de abril (o prazo de inscrición remata o luns 21) e será sobre as obrigacións e dereitos dos promotores en materia de infraestructuras eléctricas. Para elo, o prestixioso Enxeñeiro Técnico Industrial (especialidade de electricidade) D. Gonzalo Pérez Zunzunegui, presidente de Tecnova Ingenieros Consultores, será que, trala presentación inicial ás 17.00h, faga unha exposición do panorama actual baixo o título “O promotor ante as empresas eléctricas".

Tras finalizar a ponencia terá lugar unha mesa redonda na que participará o Delegado Provincial da Consellería de Industria, Javier Garrido Valenzuela (Presidente de Feproga), David Regades Fernández (xerente da Asociación de Empresarios de electricidade e telecomunicacions da provincia de Pontevedra-INSTALECTRA) e na que están invitados representantes de cada unha das empresas eléctricas máis representativas en Galicia e na Costa da Morte como son Unión Fenosa e Electra del Jallas, ademais da empresa instaladora grupo Cobra.

Inscricións

Todos os interesados en inscribirse a xornda do xoves 24 de abril sobre as empresas eléctricas poden informarse no correo Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver e no teléfono 981-718676. O coste de inscripción é de 30 € por persona para cada xornada, salvo para os socios de ASPROCOM, que teñen entrada gratuita. O número de prazas é limitado e o prazo de inscripción finaliza o luns 21 de abril respectivamente.

Novas relacionadas

Fonte

 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com