Xoves, 28 de agosto do 2008
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Gayoso fala coa Radio Neria  Correo-e
viernes, 18 de abril do 2008

A Radio Neria, a radio municipal de Corcubión, segue nas ondas pase o que pase no concello. Malia que o goberno saínte foi o que puxo en marcha de novo esta bonita iniciativa, o entrante de seguro que non fará outra cousa que apoiala.Image

Ao longo desta semana pasou polas ondas da Radio Neria un persoeiro, que se ben non é da Costa, nas casas de milleiros de veciños da zona, é máis ca un familiar. Xosé Ramón Gayoso, falou para a Costa dende a sede da TVG en San Marcos, ata onde se desprazaba o corresponsal en Compostela, Adrián Leira. Dende alí, e nas ondas do programa Matinal da Costa que dirixe Juanma Buitutón, falaba este pasado mércores o presentador do Luar, que hai pouco veíamos coa nosa abuela favorita Maria Amelia.

A entrevista empezou á unha en punto da tarde e ali esperaba Gayoso facendo un esforzo para atender ás preguntas de Adrián, nun momento no que se atopaba preparando o programa do venres. Así empezou entrevista coa petición das 5 palabras máxicas que cada semana engaiolan a medio país. Gayoso non se cortou e regalounos eses Boas noites luareiros e luareiras, que tanto prestan aos maiores da nosa bisbarra.

Gayoso contou un pouco os seus comezos na TVG lembrando que a historia xa a sabe todo o mundo, pedin unha praza para ser asesor xurídico e dixéronme que só quedaba para presentador. E alá fun, contaba tan natural coma sempre. Tamén falou cos colaboradores da radio, os Farruco, Dinio ou Fidel Castro, que personaliza de xeito máis que simpático Juanma Buiturón.

Gayoso despediuse agradencendo o rato agradable que pasou, e na radio quedaron encantados pola súa amabilidade. A entrevista será repetiva de seguro este sábado no programa do Acantilado, o sábado ás 16:00.

Próxima cita

Tamén haberá outra sorpresa este sábado. Aínda non hai nada falado, pero agárdase que o novo alcalde de Corcubión, Francisco Lema, pase esta fin de semana pola pecera da radio municipal para dar as primeiras impresións sobre a semana máis movida en Corcubión dende hai tempo.Image

Xa saben, O Acantilado cada sábado de 16:00 a 17:00 no 107.8 da FM. "Radio Neria, é un falar".

Novas relacionadas

Fonte

 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com