Martes, 06 de xaneiro do 2009
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

A ITV de maquinaria agrícola anda por Dumbría  Correo-e
viernes, 18 de abril do 2008

A Unidade Móbil de Inspección Técnica de Maquinaria Agrícola (ITV) trasladarase ao concello de Dumbría para prestar o servicio de Inspección Técnica de VEHÍCULOS AGRÍCOLAS. Todos aqueles que precisen pasarlle ma revisión aos seus tractores e demais, pode achegarse estes días (hoxe, venres 18, o luns 21 e o martes 22 de abril de 2008), a explanada fronte ó Grupo Escolar de Dumbría. O horario é o seguinte:

  • MAÑÁ: 9.00 a 13:30h.
  • TARDE: 15:30 a 18:00h.

Asignarase día e hora de atención ó público directamente na unidade móbil desde o primeiro día de chegada a Dumbría, pero tamén poden chamar ó teléfono 609 106 723, e solicitar día e hora.

Clases de ioga

Pois si que están en auxe esta clase de actividades. Disque na piscina de Cee, non caben as mulleres no pilates, pero o ioga non queda atrás. E en Dumbría queren practicalo tamén.

Durante os meses de maio e xuño, levaranse a cabo clases de ioga nas parroquias de DUMBRÍA, BERDEOGAS E ÉZARO. Serán clases semanais de unha hora de duración.

As inscricións poden realizarse ata o 29 de abril nas oficinas do concello, tlf. 981744001 ou nas distintas casas de cultura.

Prestación por fillo mesmo a 3 anos

O concello tamén quere informar da prestación de pagamento único por fillo menor de 3 anos, que está a desenvolver a Xunta, por medio da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar. A documentación a presentar antes do 13 de maio de 2008 é a seguinte:

  • DNI do solicitante e do seu cónxuxe;
  • Libro de familia;
  • Certificado de empadroamento da persoa solicitante;
  • Cartilla de aforros.

Máis información nos Servizos Sociais do Concello./>p>

Fonte

 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com