doMngo, 07 de setembro do 2008
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Colleitando música galega (VI): Ataque Escampe  Correo-e
sábado, 19 de abril do 2008

Image

Hoxe amosamos a música dun grupo bastante noviño nado en Vista Alegre, onde nace e morre toda Compostela. Ataque Escampe presenta unha especie de rock de serie B cheo de aridez sonora, cunha voz da man de Alex Charlón, que lembra moito ao gran Josele Santiago, que tantas alegrías nos trouxo por Galicia cos Enemigos. Mostran un ritmosempre bastante suave pero cunhas letras moito máis duras, non hai máis que ver o título do seu 2º disco, Galicia es una mierda. Este disco acaba de saír hai apenas un par de meses, e conta con temas como este Serafín ou o tributo a un home que fixo máis feliz a infancia dunha xeración enteira: Akira Toriyama, creador das grandes "Bolas do Dragón" ou da pequena "Arale", que gracias ao Xabarín Clube puidemos disfrutar na Galicia.

Serafín - Ataque Escampe (Videoclip)

Os Roi Vidal Ponte, Marco Gelpi, Samuel Solleiro, Miguel Mosqueira e Alex Charlón presentaban da man da produtora galega A Regueifa o seu primeiro disco no 2006: "Ed Woood e a invasion dos paraugas asasinos", así se chama este divertido e satírico disco, que presenta unha trompetiña que presta moitísimo. Nos dous discos podemos atisbar influencias dende Neil Young até Violent Femmes pasando por Jonathan Richman, sen olvidarnos de grupos españois como os propios Enemigos.

Ataque Escampe - Pra che falar de amor (na TVG)

Neste Galicia es una mierda, que a pesar do título, está feito en galego, trata de mostrar precisamente a cantidade de contradicións existentes na Galicia, no mundo e na historia da música. Repasa así dende Manuel Antonio aos Tonechos.

Xa saben, poden descarrexar os dous discos no Blog de Ataque Escampe, e sen ningún tipo de remordimento, ademais, que nisto da música dos discos vendidos xa non se vive. 

Máis informaciónImage

  • Blog de Ataque Escampe.
  • Ataque Escampe no Myspace.
  • Ataque Escampe no youtube.
  • Contacto: Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver / (+34) 625789363.

Grupos anteriores

Fonte

 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com