doMngo, 07 de setembro do 2008
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

O Porto de Suso: O neno da direita  Correo-e
sábado, 19 de abril do 2008

"Aún se sufre menos viendo enfermas a las personas a quienes se ama, que viéndolas mostrarse injustas y crueles" (J.J.Rousseau- Confesiones).

Image

O neno da direita ten un saco de pinas na cabeza. O neno da direita medrou co paso do tempo. O neno da direita tan pronto medrou, montou un negocio baseado no traballo doutros nenos. O neno da direita está descalzo. O neno da direita non lle mercaba zapatos os seus fillos, porque el mismo non os tuvera e afirmaba que non eran necesarios pra poder vivir. O neno da direita vía como afogaban os gatos que nacian na sua casa. O neno da direita afogou os gatos que nacian na sua casa, e ofrecíase pra afogar todolos gatos de Corme. O neno da direita vía como seu pai lle pegaba asua nai. O neno da direita pegaballe a sua muller cando casou. O neno da direita sabía que sua nai obligaba a suas irmans a lavar os cacharros donde mal comian. O neno da direita obligou as suas fillas a lavar e a coser. O neno da direita foi o mar con nove anos. O neno da direita mandou o seu fillo o mar os oito anos. O neno da direita vío como suas irmans tiñan que ir e vir andando mais de vinte km o dia pra vender o peixe cas caixas a cabeza. O neno da direita mandou as suas fillas a vender o peixe cas caixas a cabeza cada dia mais lonxe. O neno da direita pensaba que todolos demais eran a sua competencia. O neno da direita non deixou os seus fillos ter mais amigos ca o can da casa. O neno da direita daballe primeiro o seu porco ca o veciño enfermo. O neno da direita cando medrou foi vivir pro monte pra non ter veciños. O neno da direita odiaba a nena de blanco. O neno da direita tan pronto pudo comprou un traxe blanco. O neno da direita odiaba os ricos. O neno da direita quería ser rico. O neno da direita cando medrou e foi rico, odiaba os pobres. O neno da direita non foi a escola. O neno da direita cando medrou non deixou ir os seus fillos a escola. O neno da direita deixou de ser neno tan pronto nacío. O neno da direita non podia ver os nenos. O neno da direita cortou as mans querendo roubar mazans. O neno da direita pegou cristales no seu valado pra que non lle roubaran as suas mazans. O neno da direita tuvo un brazo roto que llo rompío un mais vello ca el. O neno da direita abusaba dos mais novos. O neno da direita colabase pra coller auga da fonte. O neno da direita quixo afogar a un que se lle colou pra coller auga da fonte. O neno da direita vivío a inxusticia. O neno da direita foi inxusto. O neno da direita vivío a crueldá. O neno da direita foi cruel. O neno da direita xa morrio. O neno da direita reencarnouse en moitas das personas que ahora viven polo mundo. Todos fomos un pouco o neno da direita. Hai que acabar cos nenos da direita que levamos dentro. Hai que acabar cos nenos da direita que vexan os nosos ollos. Hai que ser xusto e bondadoso. Non queda outra.

Columnas anteriores

 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com