|
Logo de 2 anos de parálise, un pouco de balbordo semellou solucionar o asunto. O operador galego de comunicacións por fibra óptica R asegurou esta semana que solucionará as deficiencias esixidas polo Concello de Vimianzo. R deberá ampliar o servicio a todo o casco urbán, ás áreas urbanizables que figuren no plan general e ao polígono industrial que medra no alto da vila. Parécenos unha moi boa noticia que isto suceda e que finalmente R poida entrar na nosa bisbarra, e ofrecendo un servizo axeitado e completo. Pero tamén pensamos que fronte a estas chegadas de inversións tan importantes como é o feito de que un operador de telecomunicacións, galego, aínda por riba, se asente por aquí. Con R chega unha máis que necesaria alternativa ao señor Telefónica, que fai, materialmente, o que lle peta na nosa bisbarra. E se non que llo pregunten aos da Radio Nordés, por exemplo, ou aos que vivimos desto da "interné", que temos que aguantar os erros na frouxa e mentireira rede ADSL (RDSI na radio) que nos presta a devandita empresa. Cando menos, a presencia doutro operador obrigará á Telefónica a ofrecer un servicio decente. Vimianzo foi elixido pola compañía galega para ir entrando na nosa bisbarra, supoñemos por simples méritos de ubicación, malia que tamén están comezando xa as obras nos concellos de Malpica e Ponteceso. Pero resulta que no concello prantexaron certos impedimentos á empresa galega. Disque R non cubriría todo o concello coa súa fiable rede de fibra óptica e o alcalde lanzou o órdago á empresa para que ampliase a oferta. A verdade é que a petición do alcalde semella razonable, en tanto que todos os veciños do concello deberían poder disfrutar do servicio de fibra óptica, pero non sabemos se dende o grupo de goberno valoraron que R ten unha morea de concellos do país agardando como auga de maio que comece a furar as rúas para implantar o cable. Xa avisaron dende a empresa, que se os problemas continúan, collerían os bártulos e para outro lado, e semella que Vimianzo sería a porta para unha para a bisbarra, en tanto que Cee non está incluido nos presupostos deste ano e terá que agardar, cando menos, ata o 2009. Afortunadamente a empresa recuou e o concello gañou a vaca. O parque industrial polo medio Todo isto conta cun asunto engadido. A construción do parque industrial de Vimianzo está en plena efervescencia e sería agora, e non cando o parque esté rematado e haia que levantalo enteiro. A posibilidade de contar con fibra óptica para un complexo destas características é vital para o bo funcionamento de cada empresa, que non poderá depender das idas, vindas e caídas da rede que nos presta Telefónica. Agardemos que rematen os impedimentos para que a empresa se asente na nosa bisbarra, sen olvidar que ten que ofrecer un servizo de garantíá e calidade que, por suposto, temos que esixir. Pero tamén habemos valorar que unha vez realizados os acordos, estas liñas de cableado, sempre se poden aumentar e mellorar. Fonte
|