|

Hoxe imos ata Malpica para coñecer como anda a rede submariña. E como non podería ser doutro xeito acabamos por Seiruga. Presentamos así o primeiro das bitácoras xeradas na bisbarra co gallo da loita contra o Plan Acuícola. Máis que nada, falamos de cadernos de asociacións da zona, que ben naceron da man desta loita contra a Xunta e o seu plan, ben esta loita provocou unha riada de acontecemos ideais para desenvolver contidos no blog. Falamos da marea multicolor que formaban a Plataforma Merexo non se vende, a AVV A Pergoliña de Camelle coa súa A Xandra non se vende ou a Plataforma pola Defensa do Patrimonio Cultural de Quilmas. Peo hoxe quedámonos coa Plataforma de Seiruga Limpa, sen dúbida a máis activa de todas. Alfonso da Seiruja, coida a súa bitácora Seirugalimpa.blogspot.com case que a diario coa información que sae en calquera medio informativo sobre o devandito plan acuícola. Ademais non deixa títere con cabeza, e cada intervención política é analizada cunha visión ben crítica e respostada en tal medida. Loita contra o Plan Acuícola Cabe lembrar aquel axetreado mes de febreiro, que coincidindo coas eleccións provocou unha marea de manifestacóns e concentracións nos mitin e eventos dos políticos involucrados. Canto esforzo realizaron aqueles días todos os membros das plataformas afectadas, subliñando a encomiable e laboura dos de Seiruga, que non faltaban a unha cita sen os seus bombos e as camisetas laranxas. Bitácora Debarizo Hoxe, ademais, polo precio dunha, amosamos dúas bitácoras. Non todo vai ser loita, pensaron pola parroquia de Barizo, onde está situada Seiruga. Deste xeito surxíu a idea de presentar as marabillas da zona, que son unha morea (a semana que vén pasaremos por alí cos nosos recunchos). Así, podedes pasar por dbarizo.blogspot.com para dar un recorrido completiño olos tesouros da zona, con imaxes dende terra e mar e coas formar máis incribles. A seguir así, curmán Alfonso, que o mundo submariño da internet precisa de inciativas como esta. Bitácoras anteriores Máis información Fonte
|