
Non entraba un alfiler o pasado sábado 19 de abril de 2008 no Salón de Actos do Concello de Cee para disfrutar da estrea da nova montaxe do grupo da bisbarra Talía Teatro, que entre outras cousas, e dirixido polo polivalente Artur Trillo, dirixe a Mostra de teatro de Cee ano tras ano, sempre con éxito. I é que parece que cousa que tocan, cousa que reloce. Xa abriran con outro rotundo éxito esta edición dos Sábados en familia de Cee con Mundos contados. Tamén pasaran en xaneiro por París co seu Bicos con língua e un pouco máis tarde por Pontecesom deixando sempre un sabor de boca estupendo. E ti, quen vés sendo? A estrea foi espectacular. Unha función dinámica e divertida, a modo de traxicomedia, na que un grupo de "persoas sen teito"" vai re3presenatra prepara un capítulo mitolóxico grego. Non houbo actor que se quedara corto, pero dende aquí quedámonos coa actuación dun espectacular Dani Trillo, que demostrou que non só sabe de ilumincación, senón que en escea tamén se defende de marabilla. As risas e as bágoas mesturáronse nas faces dos asistentes, que agradeceron a magnífica actuación cunha boa colleita de aplausos, malia que aínda deberían ter sido máis. De seguro que con esta obra, o grupo chegará a onde se lle prantexe. A modo de resumo e avance para os que non a puideron disfrutar, a sinopse da obra dí así: Un fato de "persoas sen teito" vai representar unha versión do Afitrión de Plauto nun festival organizado nun albergue de acollida. Por un desencontro coa dirección da institución asistencial deciden seguir os ensaios pola súa conta. Reunido no lugar no que s eacochan diariamente, o soto dun edificio en construción abandonado, o proceso da montaxe da célebre comedia plautina acaba derivando por insospeitados camiños. Reparto Toño Casais vén sendo Toño, que fai de Anfitrión. David Creus vén sendo Vide, que fai de Zeus suplanta a Anfitrión. María Ordóñez vén sendo Mariana, que fai de Almena, muller de Anfitrión. Dani Trillo vén sendo Danone, que fai de Sosias, escravo de Anfitrion e, ás veces, de Hermes suplantando a Sosias. Gustavo G. Dieste vén sendo Dolfo, que quixera facer de Anfitrión, ou mesmo aceptaría facer de Almena, pero só lle deixan facer un case nada de Sosias e alguiño máis de Hermes suplantando a Sosias. Artur Trillo vén sendo Turo, que fai un pouqiño de Zeus e outro pouco de Anfitrión. Marta Ríos vén sendo Charo, que pode facer, porque o sabe de memoria, o papel de Almena. Rosi Barcala vén sendo Rosita, que só sabe facer de Bromia, escrava de Anfitrión. Diego Rey vén sendo Didí, que fai de Hermes suplantando a Sosias e algunha vez sen suplantalo. Xurxo Barcala vén sendo Xurro, que nunca actuou (Xurro, non Xurxo Barcala) pero debuta de Zeus suplantando a Anfitrión. De Náucrates non fai nunguén. Máis información Novas relacionadas Fonte
|