Venres, 04 de xulio do 2008
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Quilmas acolleu a asemblea de Adega Costa da Morte  Correo-e
lunes, 21 de abril do 2008

O pasado sábado 19 de abril de 2008, o local da Plataforma pola Defensa do Patrimonio Cutural de Quilmas acollía unha asemblea da sección da Costa da Morte da Asociación pola Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA). O gallo da xuntanza era a reorganización das delegacións que atinxen a esta zona, co fin de conseguir unha maior operatividade e axilidade.

As delegacións repártense agora dun xeito diferente, máis pequeno, para que cada unha teña menos territorio e os traballos con cada concello se poidan realizar con maior concreción. Deste xeito a antiga delegación Costa da Morte divídese en dúas. Nace pois a de Bergantiños, que incluirá os concellos de Laxe cara o norte, incluíndo Ponteceso, Cabana, Malpica, Laracha e Carballo entre outros.

Nova directivaImage

Logo as eleccións, queda pois constituida a nova zona e a nova directiva da delegación da Costa da Morte, que dende Camariñas incluirá todos os concellos costeiros ata Muros, incluindo Zas, Mazaricos e Vimianzo. No tocante á directiva os nomes son os seguintes:

Participaron na xuntanza membros da asociación como o coordinador Martiño Fiz, ou a propia presidenta, Adela Figueiroa Panisse. Tamén se achegaron unha morea de membros da plataforma de Quilmas. Entre todos analizaron a situación, non só da problemática do Plan Acuícola, que por suposto ocupou unha boa parte da xuntanza, xa que na zona hai 7 plantas proxectadas no plan, que xa temos repasado neste diario. Estas son a de Arou, a a Xandriña, Merexo, Quilmas, Corcubión, Quilmas, e Lira, que aínda agardamos dalguén que nos leve amose por alí a realidade da ampliación.

Análise da problemática medioambiental de cada concello

A asociación pretende ir pasando por cada concello para presentar os principais problemas medioambientais. Os asuntos dos encoros, da contaminación nas rías ou do eólicos tamén estiveron entre os temáticas estudiadas.

Xa falaron con Felix PortoImage

Sen ir máis lonxe, a pasada semana pasaban por Muxía para ter unha entrevista co alcalde, Félix Porto. Na charla, a asociación quixo mostrar os proxectos eólicos no concello, cos parques Muxía 1 e Muxía 2 que presenta o Plan Eólico. Dende ADEGA aseguran que o acalde non quere a implantación de ditos parques, sobre todo o situado no arredores do novo Parador. Tamén se falou da granxa de Merexo, sobre a que o alcalde non mostrou unha postura tan taxante.

Vídeos interesantes

A bitácora da Plataforma, www.quilmas.com, presenta estes días un par de vídeos ben interesantes. Un trátase dunha entrevista ao presidente da Plataforma e, dende o sábado, novo presidente da delegación de Adega na Costa da Morte, Xosé Manuel Casais González.

O outro vídeo reflicte a beleza da zona do porto natural de Quilmas. Aquí tamén querémosvolo amosar, que coa preciosa música de Chouteira, o vello grupo de Ugia Pedreira que agora canta en Marful, e con ese precioso tema Chalaneiro, non ten perda. Gracias a Xoan Arco da Vella, que sabe reflectir a beleza da zona.

Agader

Varias asociacións involucradas neste proxecto, como é o caso da propia Asociación pola Defensa do Patrimonio Cutural de Quilmas participaron tamén o pasado sábado na xuntanza que houbo en Biao co gallo donovo programa Leader de Galiza 2007-2013, no que uns 50 colectivos particiaprán no Grupo de Desenvolvemento Rural da Costa da Morte.

Novas relacionadasImage

Estudios dos proxectos das piscifactorías

Máis información

Fonte

 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com