|
Meigalicia, unha empresa dedicada ao chamado ‘turismo alternativo’ con base na Costa da Morte, traerá as terras de Cabana, Laxe e Ponteceso unha proba de orientación pioneira en Galicia. Se trata do primeiro ‘geocaching’ nocturno que se fará na comunidade. Esta cita atraerá a aventureiros afeccionados aos ‘todo-terreos’ e as emocións fortes que pararán no Hotel Monte Blanco de Cabana durante os días que dura a proba, o 16 e 17 de maio. O ‘geocaching’ é unha especie de competencia de rastreo que se efectúa con vehículos ‘4x4’ equipados cun navegador GPS. Con estes ‘todo-terreos’ deberán atopar distintos ‘waypoints’, é dicir; uns ‘puntos de camiño’ que proban o ter pasado por certos lugares con éxito. Estes ‘waypoints’ adoitan a ter ‘tesouros’ que motivan a seguir coa busca. Trátase dunha práctica importada de Canadá e os Estados Unidos que move a diversos colectivos nos cinco continentes. Naceu no ano 2000 e ten medrado de maneira notoria ata o de agora. En España empeza a ser popular. Iso inclúe, por suposto, a Galicia, terra especialmente atractiva para este tipo de aventuras. A proba que vai ter lugar en Cabana, Laxe e Ponteceso comezará coa chegada dos participantes ás 16:00 do día 16 de maio, no mencionado Hotel Monte Blanco de Neaño. Ese mesmo día entregáranse uns ‘waypoints’ ás 17:00 horas e farase unha cea de benvida ás 21:00 horas. Os premios son de 1.300 euros para os primeiros clasificados, 800 para os segundos, e 300 para os terceiros. A saída efectuarase á hora oficial do anoitecer en Galicia, cunha diferencia dun minuto para cada grupo de coches. Durará ata a hora oficial do amencer na comunidade máis o minuto de diferencia da saída. Os participantes terán que sacar fotos dos ‘waypoints’ para que se proceda a unha posterior recollida, selección e valoración. O día 17 os competidores descansarán en Monte Blanco ata as 14:00 horas. Ás tres da tarde comezará unha mariscada, na que se celebrará a entrega de premios e a despedida. A organización lembra que non se trata “dunha proba de velocidade, senón de orientación e navegación, polo que as velocidades estarán limitadas e só se admiten coches ‘4x4”. Recoméndase que “estean debidamente equipados con material de rescate básico. Non existirán distintos niveis con respecto á preparación dos vehículos, polo que terá máis posibilidades de alcanzar os primeiros postos aquel equipo que ademais dos seus coñecementos de navegación dispoña dun 4x4 máis equipado”. Entre os requisitos para participar, á parte dos máis obvios de maioría de idade e carné de conducir, figura a obriga de que os equipos estean exclusivamente formados por “un coche TT 4x4 e dous ocupantes (piloto e copiloto), xa que non se admitirán nin máis coches por equipo nin más participantes por coche. A velocidade máxima será de 50 quilómetros/hora en vías asfaltadas e 35 qms/hora en vías non asfaltadas. Faranse controis periódicos de tempo, atrasos, condicións dos participantes, etc. As puntuacións consistirán na suma do valor de cada un dos ‘waypoints’ atopados e correctamente demostrados mediante foto sacada con cámara dixital. Fonte
|