Xoves, 28 de agosto do 2008
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Laxe teatreiro  Correo-e
martes, 22 de abril do 2008

Estes días estamos teatreiros, e non é para menos logo da grandísima estrea da nova montaxe do Talía Teatro en Cee. I é que "E ti, quen vés sendo?", de Cándido Pazó enchíu o Salón de Cee, e todos marchamos encantados. Pero é que Laxe tamén aparece cunha morea de actividades e moito teatro para eses vindeiros meses. A Escola Municipal de Teatro do concello preséntase como dinamizador da vila e ofrece para estes meses unha morea de sesións coas que disfrutar do teatro. A Escola está formada por 60 alumnos divididos por 5 grupos de idade que van dende rapaces e rapazas de Educación Infantil a adultos. Este ano tomou as rendas da escola o grupo Alentía Teatro, de Palas de Rei, agrupación de prestixio dentro e fóra de Galicia debido a calidade dos seus espectáculos, e con grande experiencia, tanto na formación de novos actores afeccioados, como na organización e asesoramento en mostras teatrais.

Este ano a formación impartida dende a Escola, amplíase máis alén da interpretación e o estudo das personaxes para chegar ós apartados de maquillaxe, produción, iluminación e son; ofertando así una ensinanza moito máis completa e propiciando un achegamento máis exhaustivo a esta arte escénica.

Día Internacional do libro co Teatrotempo

A Concellería de Cultura de Laxe está a dedicar o mes ao Libro, ao igual que outros concellos como Ponteceso ou Muxía. Isto é causa do Día do Libro, que se conmemora o vindeiro mércores 23 de abril de 2008. Ao longo do mes, a biblioteca municipal conta cunha exposición. Ademais ca ten organizado varios obradoiros para nenos que se está levando a cabo estes días pola tardiña no colexio Cabo da Area. Un foi de encadernación para rapaces de 5º de primaria, mentres que o segundo era de ilustración.

As actividades do mes rematarán o domingo 27 coa compañía Teatrotempo, presentará a obra Sete-sete no salón de actos da biblioteca.

II Edición do Teatrapa: Mostra de Teatro para Escolares no Mes das Letras Galegas 2008

Non acaba aí nin o teatro. Ademáis, a devandita Escola, organiza a II Edición do Teatrapa, Mostra de Teatro Escolar, este ano tendo coma invitados os Centros Escolares de Touro, Vedra e Baio, e que se prolongará ó longo do mes de Maio, tódolos mércores no Salón de Actos. Nesas datas os alumnos da Escola, actuarán tamén en diferentes Centros Educativos e grandes salas como o Teatro Principal de Santiago de Compostela.

Programa do Teatrapa

Mércores 7 de maio

Grupo Invitado: Aula de Teatro C.P.I. de Touro. Cursos que asisten á Mostra: Ed. Infantil e Escolas Unitarias de 10:30-11:00 no Salón de actos. Ed. Primaria de 11:30-12:00 no salón de Actos. Ed. Secundaria de 12:30-13:30 no Salón de Actos.

Mércores 14 de maio

Grupo Invitado: Escola Municipal de Teatro de Laxe Cursos que asisten á Mostra: Ed. Infantil e Escolas Unitarias de 10:15-10:45 no Salón de Actos. Ed. Primaria de 11:15-12:00 no Salón de Acto. Ed. Secundaria de 12:30-13:30 no Salón de Actos.

Mércores 21 de maio

Grupos Invitados: Aula de Teatro do C.P.I. de Vedra. Cursos que asisten á Mostra: Ed. Secundaria de 12:00-13:00 no Salón de Actos.

Mércores 7 de maio

Grupos Invitados: Grupo de Teatro do CPI Maximino Romero de Lema (Baio) Femenino Plural. Cursos que asisten á Mostra: Ed. Secundaria de 11:30-13.00 no Salón de Actos.

Intercambio con Cataluña

A primeira actividade desenvolvida pola Escola foi un intercambio a pasada fin de semana (do 18 ó 20 de abril) co grupo do Centro Casal d'Avis Les Mèlies de Pineda de Mar (Barcelona). Este Centro atópase ó servizo dos e das maiores de Pineda de Mar. En Abril celebran a súa Semana Cultural (Semana Cultural) na que participarán os grupos da Escola Municipal de Teatro de Laxe.

Teatro francés en xuño

O grupo de teatro Les Mèlies foi fundado no ano 2002 por un grupo de afeccionados do Casal d’Avis de Pineda de Mar. Despois de varias encontros nos que intercambiaron diversa ideas, entre máis dunha vintena de persoas, decidiuse formar este grupo para desenvolver esta tarefa tan desexada por todos os seus compoñentes.

Este grupo virá a actuar ó Concello de Laxe a primeira fin de semana de xuño, nos actos de clausura do Curso da Escola de Teatro Municipal.

Novas relacionadas

Fonte

 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com